Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán afirma que o equipo de goberno non se puido defender

O alcalde de Nigrán afirma que o equipo de goberno non se puido defender

Correo-e Imprimir PDF
O popular Alfredo Rodríguez Millarés afirma que están sendo sometidos a un xuicio público paralelo sin oportunidade de defenderse. 

O PPdeG sae en defensa do alcalde de Nigrán

O alcalde de Nigrán emitiu onte unha nota de prensa en nome de todo o executivo do concello onde manifestou a súa postura respecto da denuncia formulada pola fiscalía o pasado 14 de novembro ante o xulgado número 3 do Penal de Vigo.

A fiscalía presentou unha denuncia penal contra o alcalde do Partido Popular Alfredo Rodríguez e contra os concellais de Urbanismo; Vías e Obras; Infraestructuras e Persoal, Patrimonio e Contratación, e o fundador e Presidente do Partido Independiente de Nigrán Avelino Fernández; por un presunto delito de tráfico de influencias e corrupción en relación coa compra de terreos que serían recalificados no novo PXOM que pretendía aprobar o pasado 2 de xuño e que foi impedido por unha revolta veciñal. O alcalde de Nigrán manifesta que despois de cinco meses de investigación non se lle deu oportunidade de falar a ningún membro do equipo de goberno do concello para defenderse das acusacións verquidas.

Así memo o alcalde de Nigrán non dubida en atribuir a carta de resposta da fiscalía, a un escrito solicitado o pasado 11 de outubro onde denunciaba que “el Ayuntamiento está siendo sometido a un juicio público más allá de lo tolerable y que en este juicio paralelo no se ha tenido oportunidad de defensa alguna”.

No mesmo escrito o alcalde de Nigrán reclamaba á Fiscalía que se ao entender de esta última “hay algo” nas súas investigacións debía remitir as actuacións practicadas ao xulgado de guarda a fin de que os membros da súa corporación e el mesmo poideran defender os seus dereitos e dignidade.

Alfredo Rodríguez afirma que o seu executivo insitiu dende sempre en colaborar e aportar calquer tipo de dato necesario para o decurso da investigación. O alcalde argumenta que “la transparencia en este proceso ha sido y es de máxima necesidad, ya que está en juego no sólo el honor de las personas o profesionales implicados sino, los es más grave, la propia institución que representamos: el Ayuntamiento de Nigrán”.

Alfredo Rodríguez insiste, que de despois de cinco meses de “agitación social”, chegou a hora de que o proceso siga o seu curso coa máxima celeridade para non perxudicar a honra de Nigrán.

Un grupo de particulares
O comunicado emitido polo executivo que dirixe Millarés insiste que a redacción do PXOM que pretendía aprobar o seu equipo de goberno foi redactado a partir dun Avance xa aprobado no ano 2001 pola anterior corporación.
Asi mesmo Alfredo refírese á protesta veciñal do 2 de xuño que impediu a aprobación inicial do PXOM como “un grupo de particulares” que “reventaron de manera antidemocrática” a celebración do pleno.
Un PXOM , que segundo defende Millarés, é acorde coas necesidades dun concello en crecimento e expansión. 

O PPdeG sae en defensa do alcalde de Nigrán

"É moi difícil pronunciarse sobre aspectos que non se coñecen", comentou Alberte Núñez Feijoo, presidente do PPdeG, sobre a denuncia da fiscalía contra o alcalde de Nigrán e outros 3 concelleiros do seu propio partido. O líder dos populares galegos comentou que "hai que deixar que a xustiza traballe con independencia e mudou tema pasando a repasar os casos similares nos que se viron implicados políticos do PSdeG. Máis claro foi o presidente do PP pontevedrés e da Deputación provincial, Rafael Louzán, quen malia os indicios que promoveron o inicio da investigación dixo estar completamente seguro da inocencia do rexedor e insinuou que a denuncia da fiscalía podería agochar intereses partidistas "para ocultar outros procesos onde están cargos socialistas implicados". Pola súa parte, o alcalde afirma que o plan urbanístico proposto en 2005 é igual ao avance de 2001, "un documento público que fai que vendedores e compradores saiban perfectamente onde se pode construír".