Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Fiscalía denuncia ao alcalde de Nigrán e a 5 edís por tráfico de influenci

A Fiscalía denuncia ao alcalde de Nigrán e a 5 edís por tráfico de influenci

Correo-e Imprimir PDF
Agencias
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anunciou que hoxe presentou no xulgado decano de Vigo unha denuncia penal contra o alcalde do concello pontevedrés de Nigrán, Alfredo Rodríguez, e cinco edís máis por un suposto delito de tráfico de influencias.
A sección de delitos contra o Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Vigo abriu dilixencias informativas sobre este asunto por mor de informacións aparecidas en xuño deste ano nos medios de comunicación, respecto da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Nigrán. Veciños deste municipio costeiro impediron o pasado xuño a celebración do pleno municipal no que estaba prevista a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), uns incidentes en que o alcalde e os concelleiros tiveron que saír escoltados da Casa consistorial.

Como resultado das investigacións abertas, di o Tribunal, hoxe presentouse a denuncia penal ante o xulgado vigués, que, , diríxese contra o alcalde, os concelleiros de Urbanismo, Vías e Obras, Infraestruturas e Persoal, así como ao fundador e presidente do Partido Independente de Nigrán, que gobernou co PP.

A Fiscalía do alto tribunal galego apunta que a denuncia presentada non está aínda acabada e está suxeita aos resultados doutras dilixencias que deban practicarse, pero se formaliza ante os órganos xudiciais ao ser necesaria a adopción de medidas que afectan ou puidesen afectar aos dereitos fundamentais dos denunciados.

Investigación inacabada

Dado o carácter inacabado da investigación, afirma a nota, a Fiscalía non formulou unha imputación por medio de querela, aínda que o resultado das indagacións podería, con posterioridade, levar tanto ao exercicio da acción penal como ao sobresemento das actuacións.

O pasado xuño sóubose que dous directivos do Celta de Vigo son propietarios de terreos rústicos afectados polo plan de ordenación urbana de Nigrán, aínda que o alcalde, que unha semana antes deixara a directiva do club, sinalara que se compraron cando o PSOE gobernaba.