Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un dos autores do crime de Nigrán goza de saídas diarias 12 anos despois

Un dos autores do crime de Nigrán goza de saídas diarias 12 anos despois

Correo-e Imprimir PDF
Foto
O xuíz de Vixilancia Penitenciaria outórgalle beneficios de terceiro grado e trasládalle do cárcere de Madrid a un centro de inserción.
Fai 12 anos que o ex policía Manuel Lorenzo Vázquez e o seu compañeiro Jesús Vea perpetraron o cuádruplo asasinato do matrimonio Fernández Sanromán, a súa filla e a empregada de fogar no seu chalé de Nigrán, e o primeiro xa goza de permisos de saída diarios e fins de semana alternos en liberdade. Ambos ex axentes foron condenados a 212 anos de cárcere e pese a que Lorenzo Vázquez non logrou a liberdade condicional que pretendía, nin o terceiro grado penitenciario que solicitou, si goza de beneficios similares a tal condición, segundo confirmaron a Faro de Vigo fontes de Institucións Penitenciarias. Continúa en http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2794&pIdSeccion=9&pIdNoticia=95837&rand=1161940845749