Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno do mércores podería estar amañado para provocar aos veciños

O pleno do mércores podería estar amañado para provocar aos veciños

Correo-e Imprimir PDF
Foto: Gustavo Rivas - La Voz de Galicia

Os veciños non dubidan que o pleno do mércores fose unha provocación premeditada e planificada "Unha trampa política para facer as súas propias declaracións na prensa".
A subdelegación de goberno nega que o concello solicitase reforzos.
A xornada de onte levantou malestar na vencindade de Nigrán ante os titulares e as noticias saidas na prensa onde o alcalde Alfredo Rodríguez Millarés  publicou grandes anuncios a toda páxina en tre periódicos rexionais, onde denunciaba os feitos ocorridos o pasado mércores no pleno extraordinario que convocou coa conivencia do partido de independentes de Nigrán que encabeza Avelino Fernández.

Alfredo Rodriguez tivo palabras para dirixirse aos veciños convocados no pleno que non dudou en tachalos como unha "minoría" apoiándose na base do número de socios inscritos nas asociacións de Nigrán, Priegue e Arribas Brancas.

A intención do alcalde popular e dos independentes era aprobar nese pleno extraordianrio a paralización total do PXOM ata despois das eleccións denegando deste modo ás AAVV de veciños poder participar nas propostas de base para a redacción dun novo plan.

A situación creada no conflicto do PXOM de Nigrán volve a pegar un novo revés ante o que os colectivos veciñais non dudan en tachar como unha "provocación desesperada dun cadaver político".
O alcalde de Nigrán convocara o luns un pleno extraordinario que pillou por sorpresa aos veciños e mesmo aos membros da oposición, xa que estaba planificado para o venres un pleno ordinario.
Unha convocatoria premeditada e pactada previamente cos independentes de Nigrán para apoiar unha moción para a retirada deficnitiva do PXOM Municipal de Nigrán que levantou a revolta veciñal do 2 de Xuño e que agora mesmo está sendo investigada polo ministerio fiscal por indicios de delitos de prevaricación e tráfico de información privilexiada na compra venda de terreos a grandes promotoras afíns ao excargo do alcalde como directivo do Celta de Vigo.

Os veciños non dubidaban onte de que o pleno estaba totalmente planificado e que o alcalde provocara aos veciños para precisamente conseguir que se suspendera o pleno e aparecer nos medios de prensa como "una mártir da causa" ensalzando os valores de democracia e xustiza que el mesmo leva denegado aos colectivos veciñais.

Unha minoria veciñal
Estas declaracións baseanse en que o popular Alfredo Rodríguez minutos despois da suspensión do pleno saíu do salón para seguidamente no  primeiro andar do concello dar unha rolda de prensa onde o alcalde tiña xa preparado un dossier cos padróns municipais por parroquias e os listados de socios de cada unha das asociacións de veciños.
Alfredo Rodríguez argumentou que as AAVV que piden a retirada son "unha minoría fronte ás AAVV de veciños que apoian a modificación do PXOM". Así mesmo o alcalde non dubidou en acusar as asociacións de estar "manipuladas" e "politizadas" polos nacionalistas.

O feito é que a minoria á que se refire o popular Alfredro Rodríguez contrasta cos datos das eleccións do seu propio partido en Nigrán, as peores dos últimos anos onde acadou 2517 votos, pasando a ser a 3 forza política do concello.
Esta cifra entra en claro contraste cando segundo a propia policía local na manifestación do 17 de Xuño manifestáronse en Nigrán pedindo a súa dimisión e a retidara do PXOM entre 3000 e 4000 veciños de Nigrán. E tendo que asumir que voa parte dos seus votantes estaban naquela manifestación histórica en Nigrán.

Falsas acusacións contra a subdelegación do goberno
O Subdelegado do Goberno mostrou onte a súa perplexidade por que o alcalde afirmase na súa última declaración institucional que o requirimento de efectivos feito o martes para garantir a correcta celebración do pleno caesen «en saco roto». Delfín Fernández afirmou que o rexedor de Nigrán faltou á verdade, posto que non houbo ningún requirimento, nin verbal nin escrito, nese sentido. Dixo ademais que o alcalde tampouco realizou ningunha petición durante a xunta local de seguridade que se celebrou esta semana coa presenza dun vogal acreditado da Subdelegación e o xefe da Comandancia.

No entanto, por propia iniciativa da Subdelegación do Goberno, durante o pleno do mércores levouse a cabo un discreto dispositivo composto por 17 efectivos que estiveron preparados por se fose necesaria a súa intervención. «Realmente non dou crédito ás declaracións do alcalde, quérese salpicar á Subdelegación, cando saben que sempre que piden auxilio estamos aí porque é o noso deber», sinalou Delfín Fernández .


Un gasto innecesario
O alcalde de Nigrán gastou en só dous días  7 veces o presuposto anual de calquera das AAVV de Nigrán. A factura dos gastos publicitarios en prensa de onte ascende case aos 9.000 euros e a isto habería que sumarlle o gasto da convocatoria do pleno urxente do mércores que ascende a 4950 euros. Un gasto que os veciños non dubidan en tachar de inxustificado e que podería ter invertido precisamente na contratación dun equipo de asesoramento para AAVV para traballar conxuntamente na redacción dun novo PXOM. 


O acordo de PSoE e BNG retirado do pleno ordinario de hoxe.
BNG e PSOE debatirían hoxe no pleno ordinario a súa proposta de retirada do PXOM e a inciación dos trámites necesarios para unha nova contratación do mesmo que contara coa participación participación das asociacións e colectivos veciñais.
A proposta foi retiridara da orde do día sen coñecemento dos propios partidos políticos e por decisión do propio alcalde.
Segundo parece, Alfredo Rodríguez moveu a moción para o pleno do pasado mércores sen que os propios partidos políticos implicados tiveran coñecemento algún.
A única alternativa que lles quedaría polo tanto a BNG - PSOE e presentar unha moción de urxencia no propio pleno de hoxe, moción que terá que ser sometida a votación para poder ser debatida no pleno.