Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os veciños protestan e suspenden o pleno extraordinario de Nigrán

Os veciños protestan e suspenden o pleno extraordinario de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Foto: Gustavo Rivas - La Voz de Galicia
DSCN7891.jpg
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
Numerosos veciños de Nigrán manifestáronse onte salón de actos do concello de Nigrán para impedir a aprobación dun pleno urxente convocado polo alcalde popular Alfredo Ródríguez para tratar a retirada definitiva do PXOM.

Os veciños protestaron por este feito xa que Alfredo Rodríguez quitou da orde do día do pleno ordinario do venres desta semán e introduciuno pola súa conta na celebración dun pleno extraordinario que colleu por sopresa tanto aos veciños como aos grupo da oposición.

Segundo argumentan os veciños o pleno xa estaba pactado previamente por PP e PINN e todo responde a unha maniobra para retirar da actualidade un PXOM que podería perxudicar a candidatura dos partidos para ás próximas eleccións municipais, ademáis de impedir que os veciños tomen parte na decisión e participación dun documento que establecerá a liñas de futuro dos próximos anos.
Os políticos foron recibidos polos veciños aos coros de "Imos tomar nota dos que non cumplen co pobo" e abucheos varios ata fundirse un berro unánime de "dimisión, dismisión".

A duras penas, o Alcalde Alfredo Rodríguez abriu a sesión e deu a palabra a Efrén Juanes do PSOE, que presentou unha moción contra o carácter urxente do Pleno. Juanes acusou ao PP e PINN de estar usando á institución para fins partidistas e electoralistas, pondo como proba o pleno a celebrar. 

O edil do BNG David Giráldez, que tras ler a lexislación que prevé o modo de utilización das convocatorias de plenos urxentes pasou a relatar os últimos antecedentes dunha convocatoria así.
Giraldez afirmou que os únicas plenos urxentes que se celebraron no Concello de Nigrán foron por motivos que sobradamente poden ser comprensibles como foron: a asasinato de Miguel Angel Blanco, o múltiple asasinato da familia de David Fernandez de Priegue, e por último un pleno xustificado por unha cuestión de prazos legáis. 
"uns plenos que nada teñen que ver co convocado hoxe, máxime cando está convocado un pleno ordinario para o venres" interviu Giraldez dando o apoio do seu grupo á moción do PSOE contra o caracter urxente do pleno.
Y é que a celebración de este pleno custa ás arcas municipais a suma de 4950€.

Votación
Votaron a favor todos os concellais populares agás a edil expulsada Aurora Carbajal que se abstivo,
Nas filas do  PINN tamén se abstivo Antonio Fernández.
Votos en contra do BNG e PSOE.
A urxencia do pleno queda aprobada con 8 votos a favor e 7 en contra.

Ao finalizar a votación os veciños volveron a increpar aos edís convocantes con carteis na man e coreando "dimisión".
Alfredo Rodríguez intenta varias iniciar a segunda orde do día - A paralización do PXOM pero os berros dos veciños impíde continuar o pleno.

Efrén Juanes apoiado polo BNG, pide que se levante a sesión e se continúe o venres, para acabar coa crispación e coa situación creada. Juanes considera imposible celebrar alí un pleno, tal como estaban os ánimos. "Se lo pido por favor" acabou dicindo.  "Queremos xente honrada", "Dimisión", continúan gritando os veciños.

Finalmente Alfredo Rodríguez levanta a sesión e aplaza o pleno para o venres. "Vds. lo han querido" foron as últimas palabras do alcalde.

Os edis do PP e PINN sairon novamente da sala de plenos escoltados pola Policía Local ante as protestas dos veciños.




A PRENSA DE HOXE



.....
Los incidentes, que en esta ocasión no dañaron la casa consistorial ni su mobiliario, fueron alentados por el BNG, según manifestó el alcalde nigranense minutos después de suspender la sesión. En este sentido, aseguró que la mayor parte de los vecinos que protestaron en el salón de plenos forman parte de asociaciones "politizadas y manipuladas" por el grupo nacionalista. Asimismo, recalcó que los colectivos que piden la retirada (Priegue, Nigrán y Arribas Brancas) cuentan con un número de socios muy escaso, frente a las que aceptan modificar el documento existente (Parada, Camos, Chandebrito y Panxón), "que representan a un porcentaje importante de población".

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2793&pIdSeccion=3&pIdNoticia=95571&rand=1161846756015





El regidor tuvo que suspender la sesión en la que quería retirar el plan de urbanismo
Los asistentes no dejaron hablar a los concejales al pedir a gritos la dimisión del mandatario local ......

A pesar de la tensión, el alcalde decidió comenzar el pleno y abrió el debate con el fin de aprobar la urgencia de la sesión extraordinaria. El primer concejal en tomar la palabra fue el portavoz del grupo municipal socialista, Efrén Juantes, que manifestó que la convocatoria no tenía sentido, puesto que el viernes se celebrará el pleno ordinario, donde podía haberse incluido la moción de la alcaldía. Acusó al primer edil de querer manipular la institución municipal con fines partidistas, así como de crispar a los vecinos, «a los que no se dejará que participen en la construcción del nuevo modelo para Nigrán», dijo. Para el concejal nacionalista, David Giráldez, la convocatoria extraordinaria y urgente no tenía ninguna justificación legal. 

http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?TEXTO=5225672