Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Teatro de Ningures abre a mostra de teatro en Gondomar

Teatro de Ningures abre a mostra de teatro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Teatro de Ningures: Tartufo - IGAEM
A compañía Teatro de Ningures representa o clásico de Moliére “Tartufo” na apertura da Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar.

O obra representarase o Sábado 28 de outubro ás 22:30 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Tartufo é unha das comedias máis representativas de Moliére, na que se fai unha crítica da hipocrisía da sociedade da súa época. O protagonista, Tartufo, habilmente disfrazado de honradez e virtude, utiliza a aparencia externa da piedade para se introducir nun apracible fogar burgués e gañar a confianza do beato cabeza de familia Orgón. 



Baixo a súa máscara virtuosa, Tartufo maquinará, para satisfacer a súa ambición, envolvendo a toda a familia nunha trama de enredos e enganos.
 
Nesta obra Moliére retratou a falsidade do hipócrita en Tartufo, pero tamén a debilidade moral en Orgón, estereotipo da dependencia persoal ridiculizado en toda a súa crueza. A trama argumental só é unha pauta externa que serve para sustentar o auténtico fondo da peza: un espello no que se reflicte unha sociedade coas súas contradicións e unha natureza humana ateigada de defectos e debilidades que explican os comportamentos máis ridículos e incongruentes desde o punto de vista do sentido común. E ver esta natureza humana reflectida enriba do escenario é o mecanismo que leva á risa, a forma de crítica máis dura que pode existir. 

Etelvino Vázquez dirixe a un elenco de nove actores que dan vida ás personaxes ideadas por Moliére Etelvino Vázquez dirixe a un elenco de actores formado por Fran Paredes, Mundo Villalustre, Salvador del Río, Marián Bañobre, Paulo Serantes,
Casilda García, Pepa Barreiro, Santiago Cortegoso e Sonia Rúa. O vestiario é obra de Carlos Alonso, a música de Pablo Costas, e da escenografía encárgase Pablo Giráldez “Pastor”.