Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello gastará nunha semán 9.900â?¬ en plenos

O concello gastará nunha semán 9.900� en plenos

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán convoca para mañán un pleno extraordinario e urxente para tratar a seguinte orde do día:

1.- Xustificación da urxencia. Os Concelleiros deberán votar se consideran urxente ou non o pleno Se non quedará posposto para o venres tal e como está planificado. Se votan a favor, pasarase ó punto 2.
2.- Decisión sobre a retirada do PXOM. Este punto ía ser tratado no pleno deste venres 27.

¿Que supon isto para as arcas municipais?
A creación de un pleno supon para as arcas municipais que pagan os constribuintes de Nigrán o desenbolso de 4950€ por pleno. Isto quere dicir que está semán o concello de Nigrán gastará 9.900 € en 2 plenos que perfectamente poderían manterse nun só.

Un presuposto que non é percibido nin por unha asociación veciñal no seu orzamento anual que ronda os 3.000 euros e que todo o mundo non dubida en xustificar como máis necesario e beneficioso para todos.

A que respon isto?
As posibilidades son moitas: Que os veciños non increpen no pleno do venres ante o debate sobre o PXOM e a aprobación da moción BNG - PSoE.  unha moción que podería contar coa abstención do voto do PINN chegado o caso.

Desterrar da actualidade mediática todo o relacionado co PXOM ate o remate da campaña electoral. E neste senso xa se veñen observando movementos no PINN o cuales queren desligarse totalmente do PXOM e dos seus concelleiros implicados.

A captación de protagonismo do edil Alfredo Rodríguez, adiantándose novamente aos feitos que poden acaecer nos vindeiros días. Seguindo esta estratexia Alfredo rompeu o pacto de goberno co PIN, de xeito de que o PP era o que expulsaba  e non o expulsado e lembremos que o PP é a tarcerira forza política despois do PSOE e o PINN.

O bloqueo do PXOM impediría desta maneira que as AVV e os partidos políticos que defenden a continuidade do traballo de redacción dun novo PXOM para Nigrán podan seguir traballando en benficio de todos nos.
Un atraso que o único que propiciará será máis crispación sobre os veciños de Nigrán, e máis contrucción descontrolada e amañada coma a que propician as normas subsidiarias urbanísticas do 93 que rixen a planificación do chan urbán de Nigrán.


Que se podería facer có gasto destes plenos?
Cun orzamento de 9.900€ coido que moitos veciños poderían facer verdadeiras virguerias presupuestarias para todo tipo de actividades e actuacións para o concello, mais alá das festas gastronómicas e dos millonarios concertos de praia América.

O certo é que esa partida podería ser empregada por exemplo para sufragar o gasto da contratación dun equipo técnico asesor para as asociacións de veciños, para presentar as novas liñas e as bases para a redacción dun novo PXOM.

Ben gastados?
Despois do calado intelectual e o espectáculo ao que asistirón os veciños no último pleno, a xente dase de conta de que realmente un pleno para Nigrán é un auténtico despilfarro e case era preferible que se reuniran a hora do cafe no Venus o na de Copena, porque para o tema sería o mesmo resultado dado que os plenos xa van pactados con antelación.