Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Priegue, Arribas Brancas e Dunas de Nigrán piden a retirada do PXOM

Priegue, Arribas Brancas e Dunas de Nigrán piden a retirada do PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Priegue, Aribas Brancas/Seixos Negros/Portocelo e Nigrán coinciden en reclamar a retirada do documento do PXOM e poñerse a traballar para a cadadar un Plan Xeral froito do consenso e da participación cidadá.

Na asamblea mantida onte en Nigrán presentouse aos veciños tre opcións de actuación fronte ao PXOM: A modificación do documento actual, manterse a espera e non actuar ou retirar o documento do PXOM e aproveitar a parte técnica.

Despois do debate sobre estas opcións os veciños asambleados votaron por maioría a retirada do documento e o aproveitamento da parte técnica. 
A AAVV de Nigrán leu un escrito aprovado por maioría, que dirixirase aos membros do pleno deste venres para que o teñan en conta nas súas decisións. No escrito que se presentará ao pleno a AVV de Nigrán pide expresamente a retirada definitiva do documento do PXOM que non foi aprobado inicialmente o 2 de xuño, solicitando unicamente o aproveitamento da documentación técnica de cara a redacción dun novo plan.

O veciños de Nigrán solicitan que se poña en marcha a redacción dos pregos que encauzarán a contratación da redacción dun novo PXOM co máis amplo consenso posible. Neste senso solicitan que ditos pregos recollan explícitamente que o obxecto de contrato é a redacción dun novo planeamento, e a toma en consideración das propostas que proveñan das distintas entidades veciñais.

Para elo tamén solicitan que se constitua unha comisión de traballo con participación das entidades veciñais que terá como obxectivo facilitar unha reflexión colectiva encamiñada a definir que cirterios e obxectivos debe acadar a ordenación do territorio do Municipio de Nigrán. 


Otro do puntos da carta aprobada en asamblea onte engade a solicitude de Creación dun Consello Sectorial do PXOM que garanta dunha banda, que as propostas para a elaboración do novo PXOM sexan abertas e conten coa máxima participación tanto das entidades cidadáns como de todos os Grupos Políticos, e doutra banda a adquisición do compromiso por parte das forzas políticas de que a redacción do novo PXOM despois das próximas eleccións municipais teña en consideración os contidos e conclusións de todo o recollido con anterioridade na súa proposta.


Con esta decisión os veciños da parroquia de Nigrán, Priegue e Monteferro manteñen a súa liña de posicionamento fronte ao PXOM, desligandose das decisións das AAVV de Camos, Parada, Chandebrito e Panxón, que a semán pasada abogaban pola modificación e o envio de "suxerencias" ao PXOM redactado polo actual goberno municipal e que está sendo investigado polo ministerio fiscal.