Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Debate: Como se debería redactar o novo PXOM de Nigrán

Debate: Como se debería redactar o novo PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
DSCN7867.jpg
As últimas noticias avanzan un especial interese pola fiscalía en resolver si o PXOM de Nigrán esconde ou escondeu detrás posibles filtracións de información ou delitos de prevaricación por parte dos redactores e promotores do PXOM, PP e PIN, encargados da tarefa de redacción e aprovación do devandito plan.

Así mesmo quedou latente a división interna das AAVV que nun principio eran fronte común de oposición e rexeitamento total a un PXOM que se pretendía aprobar a porta pechada o 2 de xuño a espaldas dos cidadáns e cidadás de Nigrán. Polo que as asociacións de Chandebrito, Parada, Camos e Panxón aceptarían modificar o pxom actual; e Priegue e Seixos Negros solicitan unha nova contratación e comezar dende cero.
San Pedro e Nigrán, someterán o seu dictamen a asamblea veciñal para que sexan os propio veciños quenes decidan o futuro da súa parroquia.

Por outra banda xorden novos xiros políticos na corporación municipal.
O PIN desmárcase totalmente da implicación na redacción do PXOM, argumentando o seu descoñecemento.
Dende o rexeitamento dos ultimos plenos pola maioría dos partidos salvo o PP, á indecisión do PSOE que non acaba de ser claro na súa exposición e declaración de postura fronte a este PXOM e de chegar aun acordo co BNG que facilitaría a retirada definitiva deste planeamento.

O debate está na mesa.  PXOM de Nigrán :  ¿un novo, aproveitar a parte técnica ou modificar o que xa está redactado?

Vostede que opina?

Foro de debate: http://www.valminor.info/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=245