Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Ruptura da fronte veciñal de Nigrán contra o PXOM

Ruptura da fronte veciñal de Nigrán contra o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Preme para ver a foto ampliada
A división no seo das AAVV de veciños de Nigrán saiu onte á luz cando as asoicacións de Priegue e Seixos Negros (Monteferro) presentaron onte no rexistro os seus propios convenios de colaboración sobre o PXOM de Nigrán.

Os rumores de división entre as asociacións levan rondado estas semáns as conversas nas rúas de Nigrán. Alguns destes rumores apuntan a que algúns do presidentes das asociacións, militantes de partidos políticos, recibirían presións ou tratos de favor para que puxaran un volco e unha confrontación interna en pro dunha modificación do PXOM redactado polo popular Alfredo Millarés.

Basándonos nos feitos e nas declaraciósn firmadas por tódalas asociacións, pódese comprobar un xiro de 180 grados na súa actitude contra un PXOM investigado pola fiscalía de asuntos urbanísticos, sobre o que pesan presuntos delitos de prevaricación e filtración de información privilexiada.

Algúns veciñños de Nigrán escoitaban as noticas atónitos en non entendían onte como os seus presidentes pedían o 2 de xuño a retirada do PXOM e a dimisión do alcalde; e agora estaban dispostos a presentar alegacións ao PXOM que xa foi definitivamente desterrado no último pleno do concello.

Os veciños móstranse indigandos porque din que os seus presidentes non representan realmente as súas intencións e opinións e somentes responden a unha decisión persoal tomada polos seus presidentes unilateralmente.
As únicas asociacións que levarán a custión a asablea de veciños serán a Unión de S. Pedro da Ramallosa e a AV Dunas de Nigrán. O resto das asociacións xa se posicionaron respecto a súa postura na última reunión das AAVV.

Segúndo argunmentan os veciños todo este cambio de rumbo pode responder a outros intereses que distan moito dos propósitos de traballar por un ordeamento equilibrado para Nigrán: Presións de partido, coaccions como as que se escoitaron na última asamblea do Partido Popular por parte do concellal do PP de Vigo Chema Figueroa, posibles compras de vontades en promesas de axudas ou investimentos para algunhas parroquias, ...decisións que moito distan do pensamento real de moitos dos veciños de Nigrán.

O certo é que as asociacións que se posicionen por modificar o PXOM actual moito terán que explicar aos veciños as súas decisións futuras de mover a edificabilidade na parroquia para un lado ou para outro xa que este PXOM xa foi consultado por todo o mundo. Asi memos terán que tomar a decisión de que facer cos terreso baixo sospeita de recalificación e que están sendo investigados pola fiscalía.

O apoio a un PXOM que poidera ser declarado ilegal pola fiscalía podería por as AAVV  entre as cordas por haber dado o seu apoio a un plan ilegal , logo de manifestarse contra el e pedir a súa retirada.

O periodo preelectoral acentuará cada vez máis a carreira política dalgún dos presidentes e as súas decisións xa que moitos deles pertencen e militan nas listas de varios partidos políticos e que están en periodo de elección internas para conformar as novas condidaturas.

Novamente a decisión final estará en boca dos veciós e veciñas de Nigrán que deberán postularse finalmente a favor ou encontra das decisións tomadas polos seus representantes veciñais e políticos.