Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Acusan ao goberno de Nigrán de permitir o estrago dos xacementos de Camos

Acusan ao goberno de Nigrán de permitir o estrago dos xacementos de Camos

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Faro de Vigo
Os grupos da oposición de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoranos coincidiron onte en responsabilizar ao equipo de goberno da destrución de depósitos provocada pola creación dunha pista de auto cross en Camos.
Os portavoces políticos e representantes culturais consideran "insuficiente" que o Fiscal acuse só o propietario da empresa Escudería Canteira Val Miñor de delitos contra o patrimonio histórico e contra a ordenación do territorio, xa que indican que tanto os membros do goberno local como a comunidade de montes de Camos permitiron que se levase a cabo o circuíto no verán de 2005 e se estragasen tres depósitos: a chamada Mámoa dás Chans, de entre 4.000 e 5.000 anos; un achado calcolítico de similar antigüidade; e outro paleolítico de útiles de pedra duns 200.000 anos. Continúa en Faro de Vigo / Comarcas