Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Procesan ao promotor da pista de autocrós que esnaquizou unha mámoa en Camos

Procesan ao promotor da pista de autocrós que esnaquizou unha mámoa en Camos

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte
Fonte - La Voz de Galicia
A Fiscalía de Vigo acúsao de realizar obras sen licenza e destruír restos arqueolóxicos.O túmulo funerario, situado en Nigrán, é irrecuperable e só se salvaron unhas tallas. 
Os responsables tramitaron o expediente tras causar as desfeitas

O fiscal especializado en delitos contra o patrimonio histórico de Vigo, Carlos Gil, acusou de dous delitos ao promotor dunhas obras de construción dun circuíto de motocrós en Nigrán por partir pola metade unha mámoa que estaba catalogada polo seu interese arqueolóxico. 

Os responsabeis políticos do concello de Nigrán exentos de culpabilidade pese a entrar en numerosas contradicións. A acusación pública entende que o empresario imputado incorreu nun delito contra o patrimonio histórico en concurso -asociado-con outro contra a ordenación do territorio. A Fiscalía sostén que o demandado realizaba as obras da pista sen licenza e que danou innumerables restos arqueolóxicos inventariados pola Xunta. En datas próximas, o ministerio público dará a coñecer o castigo que solicita para o suposto infractor.

Continúa en http://www.avoz.com/se_galicia/noticia.jsp?TEXTO=5101189&CAT=102&idioma=galego

Cronoloxía dos feitos
A cronoloxía dos feitos ao redor do circuíto resulta reveladora.

  1. O pasado 16 de xullo de 2005, o alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, José Rial, asisten á inauguración das pistas, para a que se organizou unha competición automovilística.
  2. Dous días despois, o IEM e Clube espeleolóxico Maúxo presentan a súa denuncia.
  3. O día 21 de xullo 2005, o goberno municipal inicia a exposición pública do proxecto de construción do circuíto. As posibles alegaciones presentaríanse coas obras terminadas.Nesa mesma data, o alcalde recibe unha carta da delegada provincial de Cultura, Rosanna López Salgueiro, na que lle urxe a paralización cautelar das obras ao comprobar a falta de autorización da instalación e lle insta a protexer a zona en cuestión polos seus numerosos achados arqueológicos. É tamén o día 21 cando a patrulla do Seprona emite a súa denuncia contra a comunidade de montes e a concesionaria.

Contradicións
Os documentos demostran o ocorrido, pese ás contradicións que mostraron  os concelleiros de Urbanismo, Deportes e Cultura.

  1. O primeiro, Carlos Quintas, aseguraba descoñecer a existencia dos yacimientos e que a tramitación fora correcta.
  2. Pola súa banda, José Rial recoñecía erros no procedemento, mentres que
  3. Aurora Carbajal aseguraba descoñecer a existencia do circuíto.
  4. Pola súa banda, o presidente da comunidade de montes, Rafael Costas, mostrouse rotundo. "Aí non hai xacemento. Os únicos que existen, están máis arriba. A pista está enriba do antigo basureiro", explicou.

Noticias relacionadas
 Atentado arqueolóxico sen precedentes en Camos
 El PSOE trasladará a la Fiscalía el caso de los yacimientos de Camos
 La Xunta confirma la destrucción de yacimientos prehistóricos en Camos
 La Policía encuentra indicios de delito en las obras del circuito de Camos