Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán OS veciños solicitan un convenio de traballo para por en marcha un novo PXOM

OS veciños solicitan un convenio de traballo para por en marcha un novo PXOM

Correo-e Imprimir PDF
logo PXOM
As asociacións de veciños do concello de Nigrán “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo

Volven a reclamar ao equipo de Goberno do Concello de Nigrán un novo Planeamento Urbanístico, dado os nulos progresos que se están dando dende o concello para a resolución deste conflicto.

As asociacións de veciños recordáronlle ao alcalde o seu firme compromiso de traballar para acadar un Plan Xeral de Ordenación Municipal que responda ós intereses e valores dos veciños e veciñas do Concello de Nigrán. Por elo, solitiarón unha reunión dos representantes dos colectivos veciñais co Sr. Alcalde, antes do próximo venres 15 de setembro, a fin de acadar un compromiso firme mediante o establecemento dun Convenio de traballo para os próximos meses e unha acta escrita dos contidos e acordos en dita reunión.