Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro súmase a convocatoria contra os recheos da ría.

Salvemos Monteferro súmase a convocatoria contra os recheos da ría.

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O colectivo ecoloxista Salvemos Monteferro súmase a convocatoria do colectivo veciñal vigués Bouzas Móvete que ten convocada unha manifestación o próximo 9 de setembro ás 12:00 na rotonda das áncoras, en protesta contra un novo recheo en Bouzas. 
O colectivo quere chamar a atención sobre a inminente chegada dos escombros da demolición de Casa Mar ao recheo de Bouzas. Segundo os convocantes, a ampliación do recheo de Bouzas vai provocar un "estrangulamento" da Ría de Vigo, ficando a distancia de Bouzas a Cangas a menos dunha milla. Os veciños inciden en que esta situación afectará a todos os areeiros e aos bancos marisqueiros, provocando perda da biodiversidade e dos hábitats mariños repercutindo negativamente en toda a ecoloxía da ría.

Deste xeito, tentarán chamar a atención na inminente chegada dos escombros de Casa Mar, antiga factoría sobre a que se levantará o futuro auditorio en Beiramar. A convocatoria do sábado será unha nova proba do rexeitamento da maioría da poboación de Bouzas a ampliación do recheo.

Segundo o colectivo, a ampliación do recheo de Bouzas provocaría un "estrangulamento" da ría ao ficar a distancia entre Bouzas e Cangas a menos dunha milla. Esta situación afectaría a todos os areerios e aos bancos marisqueiros, provocando a perda da biodiversidade e dos hábitats mariños.

Aínda que finalmente non se contemplará unha ampliación de 200.000 metros cadrados, o proxecto do Porto ten planificado que o recheo avance cen metros cara o mar. Os 70.000 metros cadrados resultantes da operación estarían dedicados a unha nova terminal para o almacenamento de colectores.