Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Queimaduras de segundo grado ao quedarlle atrapada unha perna nos montes de Oia

Queimaduras de segundo grado ao quedarlle atrapada unha perna nos montes de Oia

Correo-e Imprimir PDF

A raices do chan ainda seguen acesas en Oia pese a que o lume foi extinguido fai 3 semáns e que choveu intensamente na zona.

O mércores un rapaz de 30 anos de Nigrán ingresou en urxencias cunha perna con queimaduras de segundo grado por mor do lume. Os feitos ocorreron en Torroña cando o rapaz estaba a realizar unha sesión fotográfica nos montes queimados no incendio que arrasou a ampla extensión forestal do concello de Oia.

Segundo relatava J.C.S. camiñaba por riba da turba do monte cando o chan afundiuse en cuestión de segundo e a súa perna quedou atrapada na terra.

Nese intre de milésimas de segundo notou como se lle queimaba a perna. Ao retirar a perna con fortes dores puido ver que tiña todos os dedos queimados e a pel totalmente abrasada.

Pese a que o lume aparentemente está apagado na superficie, o subsolo segue ardendo polas raices convertendo o chan nun auténtico braseiro.

 "Foi algo que me pillou totalmente de sorpresa. Xamáis imaxinei que o chan seguía ardendo despois de tantos días e da choiva que caeu".  "Agora doume conta da sensación do pobres animais que queimaron e seguen queimándose as patas polo mesmo moitvo que me pasou a min"..

Os médicos de urxencias practicaron un lavado completo da queimadura e vendaron a perna para previr infeccións. J.C. terá que agardar uns meses para poder volver a camiñar de novo sen necesidade das muletas.