Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As asociacións de veciños participarán na carreira popular

As asociacións de veciños participarán na carreira popular

Correo-e Imprimir PDF
Os colectivos veciñais reiterarán que queren un novo Plan Xeral durante a próxima edición da carreira popular Memorial Mario Puentes, que se celebrará este domingo en Panxón.

Algúns portavoces participarán na proba con camisetas alusivas e outros repartirán folletos ao público. Ademais distribuirán bandeiras similares ás de Nunca Máis, pero con mensaxes contrarias ao plan xeral que defende o goberno en minoría As AAVV solicitaron a colaboración e solidaridade de todos e todas, para concorrir na carreira xa sexa correndo ou andando e incribirse no concello.

A protesta, segundo indican, é unha protesta pacífica que consiste en levar un dorsal adicional co lema "ESTE PXOM NON É PARA NIGRAN". Por outra banda os colectivos mobilizarán dous coches que repartirán información e pasquises aos asistentes e aos que se queiran solidarizar coa causa.

A idea e Non interrumpiro normal desenvolvemento do evento deportivo, pero si farcer acto de presenza na saída e entrega de premios onde estará o alcalde Alfredo Rodrgíguez  e o concelleiro de deportes.Jose Rial

A data límite para inscribirse é ate xoves ás 8 da tarde.
Para participar é necesario achegar os datos (nome, apelidos, idade, data de nacemente,dirección, DNIe tfno) 
O motivo da solicitude destes datos persoais é porque a organización colocará uns chips para o control de chegada a meta, i é necesario devolvelos ao finalizar a carreira.