Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As AAVV instan aos partidos a clarificar a súa postura fronte ao PXOM

As AAVV instan aos partidos a clarificar a súa postura fronte ao PXOM

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións de Nigrán formada polas asociacións veciñais de: “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo, reuníronse onte en asamblea para instar aos partidos políticos con representación no Concello de Nigrán que acaden por separado unha postura pública sobre o futuro PXOM que se pretendía aprobar o pasado 2 de xuño e que foi motivo dunha protesta veciñal sen precedentes perante a porta do concello.

Falsas subvencións. Pese a que ainda non se pronunciaron, as asociacións de veciños desminten taxantemente a información publicada o sábado na prensa local, onde se apuntaba que o concello de Nigrán subencionará ás asociacións para que poidan contratar un equipo que asesor. Segundo os portavoces as noticias publicadas ou son un erro de interpretación por parte da prensa ou teñen unha clara intencionalidade de manipulación e buscan unha división do fronte veciñal de oposición ao PXOM. S
Así mesmo as asociacións informan que o 28 de xullo reuniuse a comsión informativa de urbanismo no concello de Nigrán coa orde do día "Plan Xeral de Ordenación Municipal. Estudio de Alternativas", e ata o dia de hoxe non tiveron comunicación por parte de ningún partido político con representación no Concello acerda da súa postura sobre o futuro do actual PXOM, tal e como veñen demandando.

As asociacións solicitaron manter unha reunión con tódolos partidos polícos con representación no concello o vindeiro venres 4 de agosto ás 12:00 da mañá no concello de Nigrán para que lles comuniquen, por escrito, a súa postura sobre o futuro do PXOM.