Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán II ENCONTRO INTERNACIONAL DE CERÃ?MICA

II ENCONTRO INTERNACIONAL DE CERÃ?MICA

Correo-e Imprimir PDF
A concellería de cultura de Nigrán está a organizar un encontro internacional de cerámica onde serán invitados profesores procendentes da India.
O evento terá lugar do 10 ó 16 de xullo do 2006, ambos inclusive, no I.S.M. de Panxón- Nigrán.

Tras o éxito obtido na primeira edición “Xapón preto de ti”, preténdese con este novo proxecto consolidala iniciativa do 2004 e convertir ó municipio de Nigrán nun lugar de referencia dentro do mundo da cerámica. Durante esa semana os mestres impartirán seis talleres diferentes nos que ensinarán as súas técnicas e formas de traballo. Ademáis da arte da cerámica tamén coñeceremos outras formas artísticas como a música e o teatro de marionetas.
Paralelamente á realización dos talleres, levaránse a cabo outras actividades como exposicións, concertos, coloquios......

Con este proxecto preténdese achegar a cultura india ó noso municipio, non só a través das súas expresións artísticas ou formas de traballo senón tamén das súas costumes, inquietudes, formas de vida e todo aquilo que supoña un enrequecimento cultural tanto para ós asistentes coma para os mestres hindúes; fomentando de este xeito, a interculturalidade entre dous países que, ó ser tan deiferentes crea aínda maís expectación e curiosidade.

Estes talleres están abertos a todo tipo de público. Para participar será necesario, debido a que o límite de prazas de cada taller é de 15 persoas, facer unha preinscripción chamando ó número 986 38 30 81ou pasándose polo departamento de cultura, de luns a venres de 9:00h a 14:30h ou mércores e xoves de 17:00h a 20:00h. Unha vez asegurada a praza dispondrán dun máximo de 5 días para realizar o ingreso do importe do taller elexido (150€, excepto o de tabla 270€ porque inclúe o instrumento) e remitirnos a ficha de inscripción do tríptico e o resgardo bancario do pago efectuado, vía fax ou correo.
O prazo de matrícula comeza o venres 31 de marzo e remata ó 31 de maio.

Ás actividades complementarias podrán asistir todas aquelas persoas que o dexesen de forma totalmente gratuita.

Centro Multiusos
Estrada pola vía, 65
36350 Panxón- Nigrán
telf: 986 38 30 81
fax: 986 38 31 13
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo