Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Representantes das AAVV de Nigrán e Salvemos Monteferro na manifestación en Ca

Representantes das AAVV de Nigrán e Salvemos Monteferro na manifestación en Ca

Correo-e Imprimir PDF

Foto X. CregoUn milleiro de persoas acudiron o sábado á manifestación pola defensa da ría, convocada pola confraría de pescadores canguesa, o Foro Social pola Defensa do Pobo. Adega e as plataformas Cíes, San Simón e a de defensa do litoral do Morrazo.

Veciños de Nigrán despregaron a súa pancarta en Massó na petición do uso racional do urbanismo e por un novo PXOM que garanta o futuro sostible de Nigrán.

O Val Miñor estivo tamén representado por membros da asociación Salvemos Monteferro, unha asociación constituída para a preservación do espazo natural de Monteferro amezado pola construcción do vial de circunvalación proxectado polo concello e deputación e que sofriu recentemente duras críticas por parte do Delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla.

Foto X. CregoBaixo os lemas «Pesca si, reheos non».  «Vos peixes e mariscos non viven de recheos e contaminación. Por un proxecto responsable e transparente para Massó» partiu ás oito da tarde a manifestación en dirección o Salgueirón onde está ubicada a antiga fábrica de Massó.

A promotora anunciou a súa intención de darlle vacacións durante uns días á empresa contratada para realizar as obras mentres explica aos colectivos cangueses o seu proxecto para Massó. En cuaquier caso, a construción do porto deportivo é «irreversible», segundo advertiu un dos seus representantes días atrás.