Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As AAVV recadarán información clave para a investigación da fiscalía

As AAVV recadarán información clave para a investigación da fiscalía

Correo-e Imprimir PDF

Os portavoces das AAVV de Nigrán mantiveron onte sendas reunións coa delegada provincial de Politica Territorial, Isabel Dominguez e coa fiscalía de urbanismo en Vigo.

Da conversa mantida coa delegada as AAVV non quitaron nada en claro da situación actual, so mentes o apoio como mediadora no conflicto entre as asociacións e o concello de Nigrán.

Nembargantes os portavoces sairon totalmente satifestos da reunión mantida có fiscal en Vigo, e participarán activamente na recollida de información para axudar nas labouras de investigación iniciadas.

Reunión con Política Territorial
Os portavoces explicáronlle a delegada que o problema non reside en poder edificar en calquera parte como afirmaba o Sr. Lueje fai uns días, se non que o problema está en que o PXOM non está pensado para a xente de Nigrán e rompe calquer astisbo de lóxica racional en canto a planificación de viais, bloques de edificios e zoas dotacionais.

Como exemplo os portavoces preguntáronlle a delegada a sua opinión respecto ao campo de golf de Chandebrito, ou vial de Telleira, ou a urbanización da Robaleira.

A delegada opina que non lle parece mal a idea do campo de golf, punto que foi rebatido por Hermida ao explicarlle que realmente en Nigrán niguén é afecionado a ese deporte pero sí ao ateltismo a natación e  ou a canasta. Que tería moito máis sentido un complexo deportivo ben feito que un campo de golf para catro de fora. Ainda que o emplazamento non é o mais adecuado dada a riqueza arqueolóxica e patrimonial do enclave de Chandebrito.

A delegada recomendou aos portavoces  reconducir a situación actual no concello. Isabel Dominguez considera que o PXOM redactado ainda é aproveitable. Considera que a parte de traballo de campo debe aproveitarse para o proxecto dun novo planeamento.

AAVV trasmitíronlle as súas preocupacións polos incidentes ocorridos de tráfico de influencias e información privilexiada e o oscurantismo da redacción deste PXOM. Así mesmo quixeron aclarar cales son as causas da oposición a este PXOM xa que a información que se está transmitindo nos medios e mesmo nas declaración do Sr. Lueje en Baiona desvirtuan totalmente unha causa que consideran totalmente xusta.

Hermida abogaba a delegada a búsqueda du PXOM redactado dende Nigrán e para Nigrán, xa que os PXOMs de toda galicia deben estar redactados tendo en conta a idiosincracia do propio pobo. Non se pode redactar un PXOM para Nigrán sen coñecer Nigrán nen a súa problemática.

Asi mesmo a delegada considerou que non foi acertada a actuación das AAVV nos enfrontamentos do 2 de xuño cando os veciños impediron a probación inicial do PXOM. Isabel Dominguez considera que deberíase ter permitido a aprobación inicial de ese PXOM e posteriormente presentar as alegacións oportunas.

Os portavoces lembránronlle que o pobo de Nigrán non podía consentir a aprobación dun PXOM oscurantista e ilegal, e deixar correra aprobación inicial sabendo que as posteriores alegacións ian acabar directamente no lixo.


Reunión coa fiscalía

Os portavoces das AAVV consideran fructifera e esperanzadora a reunión mantida onte co fiscal.
O fiscal transmitiulle aos portavoces a súa total colaboración e interese nos casos acontecidos en Nigrán e informoulles de que xa están abertas varias liñas de investigación.

As AAVV de veciños puxéronse tamén a disposición da fiscalía para recadar toda a información que fose necesaria para poder levar a acabo unha inverstigación profunda e minuciosa para esclarecer todo o que acontece en Nigrán. Neste senso´o fiscla recomendou aos portavoces que sexan os canalizadores da información e que falen cos veciños e veciñas de Nigrán para recadar canta información sexa posible, mesmo os rumores. 

Unha recollida de información que será totalmente anónima e que ambas partes consideran vai potenciar a participación da cidadanía para chegar a un esclarecemento da trama urbanística de Nigrán.

Neste senso as AAVV informan que convocarán próximamente unha reunión multitudinaria con todos os veciños e veciñas de Nigrán para informar dos pasos dados nestes días e cal vai ser o procedemento para a recollida de esa información.