Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM

Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Rapaz con pancarta na que se podía ler - Avelino eres peor que ter un grano no cuuuuu!!!!!!!!A policía calcula que serían entre 3000 e 4000 o masnifestantes que discorreron pola Avda. Val Miñor de Nigrán manifestándose en contra do PXOM que quería aprobar o  goberno de Nigrán.
Todos os representantes e veciños das parroquias de Nigrán acodiron hoxe en masa para pedir a dimisión de Alfredo Rodrgiuez e Avelino Fernandez.

   >>  Ver album fotos: Manifestación Nigrán

   >> Ver recortes prensa do día: A Manifestación dende a prensa
A manifestación de hoxe, senta un precedente na historia desta vila, a xente non recorda unha movilización así no concello.
A manifestación transcurriu pacíficamente, comezando  puntual ás 21:00 da tarde tal e como estaba previsto. A xente reunida nas Angustias portaba cada ún a súa pancarta e pegatina onde se podía ler "Nigrán noutro plan"
No torreiro das angustias e na Avda. Val Miñor non quedaban xa prazas de aparcamento.
A manifestación coincidiu paradóxicamente cunha "festa andaluza organizada polo concello de Nigrán no torreiro das Angustias".
Unha mare de pancartas invadía as cabezas dos manifestantes.
O PINN de Avelino Fernande quería sumarse á cabeza da manifestación con pancarta en man.
A súa participación foille denegada dados os cambio de rumbo fronte o PXOM e ás contradicións do independente nestes últimos días. 

Participación de gurpos de persoas dos concellos de Cangas, Moaña, Gondomar, Baiona, A Estrada,...
 
Un acto de civismo en toda regra que non precisou da intervencion da garda civil.
A policía local somentes actuou para despexar o tráfico dos 500 m do recorrido pola avenida principal deste concello.
 
As consignas que se escoitaron ao longo da marcha foron:
 
Avelino rouballeiras, deixa en paz as nosas leiras
 
Nin PINN nin PANN, vaite fora de Nigrán
 
Na tribuna do Celta planeouse esta desfeita
 
Alfredo xa é convicto de algún outro delicto
 
Avelino, raposo, nin mires para o noso
 
E unha unánime e forte DIMISION ao final da marcha antes e despois de leer o comunicado das AAVV.


Este foi o comunicado lido pola vogal das asociacións de viciños.


Veciños e veciñas, amigas e amigos:


As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.

Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron. Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.

Pero o máis importante, o que de verdade cambiou, é que agora saben que ninguén, nunca máis, poderá gobernar este Concello coma se fora a súa finca privada.


A pesar de todo, ese maldito Plan Xeral aínda non foi retirado.

O noso ánimo é seguir pelexando, e a vosa presencia aquí hoxe aínda nos anima máis.

Queremos que saibades que as vosas voces foron escoitadas en lugares tan distantes como Xapón, Canadá, Irlanda, Noruega, Reino Unido, Dinamarca, Alemaña, e por suposto en todo o Estado español. De todos estes sitios nos chegan felicitacións e palabras de alento que queremos compartir con vós porque a vós van dirixidas.

Curiosamente, aquí ó lado, o noso Alcalde resístese a escoitarnos e o único que nos ofrece é tomar nota das nosas suxerencias que posiblemente acaben na papeleira. O que nos ofrece, non o compromete a modificar nin un só punto do Plan Xeral que pretenderon aprobar.

Así que estamos como hai 15 días. Xa entón reclamabamos que o Nigrán no que queremos vivir sexa o que figure sobre os planos. Un concello con vida propia, con servicios públicos, un Nigrán equilibrado en tódalas parróquias.

Un Nigrán pensado para vivir os veciños e veciñas e non un “Agregado Urbano Litoral” e residencial.

Queremos ser un Concello, non unha sucursal.

Pero sobre todo, o que non queremos, é ver convertido este lugar marabilloso que nos veu nacer, nunha froita podre da especulación urbanística e da corrupción política.

Por eso, ante a avalancha de presuntos delictos, de tratos de favor, de informacións privilexiadas e de inxustificadas recualificacións de fincas, esiximos a inmediata acción da xusticia, e declaramos publicamente, con toda a forza da nosa voz, que xa non nos queda unha pinga de confianza, de credibilidade, para eses que, nun mal día, moitos de nós votamos.

Reivindicamos o dereito ó crecemento natural e sostible de todas as nosas parroquias.

Desde o esquecido Chandebrito, para o que só gardan o regalo envelenado dun campo de golf, ata o Nigrán que queren asfixiar cunha enchente de ladrillos.

Non se resolven os problemas urbanísticos de Panxón, e queren destruír o espacio natural de Monteferro como destruíron as dunas de Gaifar hai anos.

A Priegue e á Ramallosa queren partilos ó medio cun absurdo vial que non vai a ningures e Camos tamén quedaría roto e afogado. Nas Angustias un negocio para catro, e a total desolación para Parada.

Por todo isto esiximos tamén a elaboración dun novo Plan Xeral, dende o consenso, o diálogo, o sentido común e sobre todo dende a absoluta transparencia, para que o nome de Nigrán quede limpo e non volvan resoar as voces que o cualifican vergonzosamente como a Marbella galega.

Queremos acabar agradecendo a presencia e a solidariedade dos que viñeron hoxe a apoiarnos desde outras vilas e lugares.

Reciban eles tamén o noso ánimo.

Porque a ameaza da especulación e o perigo de destrucción do noso patrimonio, non afecta só a Nigrán, senón a toda a costa e a moitos lugares do interior de Galicia.

Sigamos coma hoxe unidos para defendernos de aqueles que, por un puñado de euros, queren destruír a nosa paisaxe, a nosa riqueza natural, a nosa forma de vida.

Moitas gracias a todos e todas.