Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As AAVV convocarán unha manifestación contra o PXOM

As AAVV convocarán unha manifestación contra o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Pulsa aqui para ver la imagen a tamaño completo ==============
As AA VV de Nigrán convocarán para o próximo día 17 de Xuño ás 21:00 unha manifestación de protesta contra o PXOM "Por un PXOM xusto para todos e todas.
O rrecorrido será con saída no recinto de festas das Angustias ate o Concello de Nigrán (500 m), pero as AAVV queren extender a convocatoria a todos os municipos galegos en contra da especulación e marbellización da costa Galega.
 
Depois das últimas noticias sobre as posibles filtracións de información privilexiada sacadas a luz nestes días, ás AAVV non queren só a rectificación do PXOM prometida polo alcalde, o popular Alfredo Rodriguez, se non que agora piden claridade e transparencia para que se aclaren estes feitos, que consideran "moi graves" e nos que consideran que debe actuar a fiscalía de forma inmediata.
As recalificacións de leiras rústicas nas zoas das Angustias, Ramallosa e Telleira que aparecen no novo PXOM, un total de 123.00 m2 adquiridos pola sociedades Metrowest Europa S.L., cuyos administradores únicos son Carlos Mouriño y Antonio Rosendo. , levantan a indiganción do pobo. Estas recalificacions que a Consellería de Politica Territorial considera inxustificadas no seu informe previo.
 
Tal e como apuntaba valminor.info a partires dunha análise do crecemento demográfico, a Xutna considera que o novo PXOM de Nigrán promove vivendas para 30 anos, pese a que o seu horizonte temporal é de 12 anos.
 
Ese informe tamén apunta aso cambios de ordeación en Monteferro, que no seu día foron denunciadas pola platafroma Salvemos Monteferro www.salvemosmonteferro.org
 
O proxecto do Campo de Golf en Chandebrito parace que tamén non gustou á Xunta. Unha superficie de 800.000 m2 que deixaría o maior patrimonio arqueolóxico protexido que conta Nigrán, sepultado baixo o "green". A xunta sinala que o preoxecto carece de estudio de imacto medio ambiental e paisaxístico.
 
PXOM de Nigrán non prevee os servizos de saneamento que require un crecemento desta magnitude.