Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alfredo Rodríguez paraliza a aprobación inicial do PXOM en busca de consenso

Alfredo Rodríguez paraliza a aprobación inicial do PXOM en busca de consenso

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Axencias
O alcalde de Nigrán en declaracións aos medios anuncio a paralización inicial da aprobación do PXOM redactado e o intento de diálogo entre os distintos colectivos veciñais na búsqueda dun texto consensuado.
O cambio de postura do alcalde é recollido con certa esperanza a encauzar unha mesa de diálogo entre todos os colectivos implicados, máis as AA VV polo de agora non recibiron contestación algunha ao respecto.

O alubión de acusacións que implican directamente ao alcalde publicadas nestes últimos días na prensa parecen que serían a causa deste cambio de postura, onde Alfredo Rodriguez quere que a xente poida ver o futuro PXOM "con lupa y taquígrafo" e total "transparencia".

Ante a noticia as AAVV agardan por escrito o comunicado do goberno municipal para tomar decisións ante este novo rumbo.