Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O AA.VV reunénse para organizarse e desmentir as acusacións

O AA.VV reunénse para organizarse e desmentir as acusacións

Correo-e Imprimir PDF
As AA VV rechazan as acusacións que afirman que as súas accións responden á unha manipulación política da oposición.
Reprochan a actitude dalgúns axentes da policía local que actuaron dun xeito desmesurado contra a vencindade, e denuncinan que algúns representantes veciñais foron intimidados onte nos seus domicilios por axentes locais.


Os respresentantes de todas as asociacións veciñais reuníronse onte no centro cultural de Camos. Foi o primeiro encontro, trala protesta popular do venres para impedir a aprobación incial do PXOM. A reunión, puxo de manifesto a unidade que existe no movemento veciñal. 

Os representates das AA VV lamentan os feitos violentos que se lebaron a cabo no Concello o venres 2 de xuño ó abeiro da concentración pacífica convocada polas asociacións veciñais para manifestar a súa disconformidade coa aprobación inicial do PXOM, considerando que se o Equipo de Goberno xestionase a tramitación do PXOM dun xeito máis adecuado non se terían producido estes lamentables incidentes.

Rechazan rotundamente, as acusacións que afirman que as súas accións responden á manipulación de partidos políticos, recordándolle ó Sr. alcalde que nas respectivas asambleas veciñais previas ás mobilizacións, foron invitados a participar tódolos partidos políticos con representación no concello e ás cales non acudiron ningún dos partidos políticos que forman parte do equipo de goberno.

As asociación de veciños, agradecen a rectificación na súa postura dos tres concelleiros que ante a reacción veciñal manifestáronse en contra da aprobación inicial do PXOM. 

Así mesmo destacan o agradecemento ao comportamento dos axentes da Garda Civil durante a mañá das mobilizacións, non así dalgúns axentes da Policía Local, que segundo denuncian, actuaron dun xeito desmesurado contra os veciños. Ao mesmo tempo denuncian que onte onte algúns representantes veciñais víronse intimidados pola Policía Local nos seus domicilios.

Para rematar, as asociacións veciñais firman o comunicado sinalando que en representación dos veciños seguirán exercendo o seu dereito a expresar pública e libremente as súas opinións de desacordo co actual PXOM, e a seguir reclamando o que lexítimamente consideran lles pertence, a participación na elaboración do PXOM antes da súa aprobación inicial.