Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro entregará máis de 9.000 sinaturas en contra do proxecto vÃ

Salvemos Monteferro entregará máis de 9.000 sinaturas en contra do proxecto vÃ

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Vieiros.com
A Plataforma Cidadá Salvemos Monteferro entregará este sábado máis de 9.000 sinaturas no concello de Nigrán en defensa deste espazo natural. A plataforma, que no último mes organizou conferencias e concertos en contra da realización do proxecto vial arredor deste monte, adxuntará ademais un Proxecto Alternativo para o aproveitamento sostíbel de Monteferro. O mesmo sábado, o grupo ecoloxista Verdegaia organiza unha marcha ciclista que partirá desde a Praza da Independencia de Vigo cara á Praza do Concello de Nigrán coa fin de asistir á entrega das sinaturas. Máis información sobre a xornada na web da plataforma.
  • Vieiros: Monteferro, o "derradeiro bosque" onda o mar
  • Fonte - La Voz de Galicia
    Recollen 9.000 firmas de rexeitamento á ampliación do vial de Monteferro 

    A plataforma cidadá Salvemos Monteferro entregará mañá sábado a partir das doce do mediodía máis de 9.000 firmas que recolleron en contra do proxecto da Diputación para a ampliación de subida a este espazo natural.
    Os portavoces da agrupación entregarán no rexistro municipal unha copia do seu proxecto alternativo, que aposta por un uso sosteible da península de Monteferro . Ao mesmo tempo, invitan a todos os seus simpatizantes á concentración cidadá que se celebrará a esa hora ante a Casa Consistorial de Nigrán.
    Dende a Praza da Independencia de Vigo sairá unha marcha ciclista ás dez e media da mañá, organizada polo grupo ecoloxista Verdegaia. Trala concentración haberá unha comida campestre.
    Esta plataforma oponse á tala indiscriminada e á progresiva urbanización desta contorna natural de Nigrán.

    http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4760569