Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O fiscal pide entre 6 e 10 anos de prisión para os veciños de Chandebrito impu

O fiscal pide entre 6 e 10 anos de prisión para os veciños de Chandebrito impu

Correo-e Imprimir PDF
Faro de Vigo
O FISCAL COMPARA O OCORRIDO EN 2001 NA PARROQUIA DE NIGRÁN CON FUENTEOVEJUNA
>> O fiscal pide para os imputados penas que oscilan entre os 6 e os 10 anos de prisión

Xuízo pola revolta veciñal contra un matrimonio que denunciou a situación ilegal de máis de 80 casas.
Fuenteovejuna, todos a unha?. Esta expresión popular fixose famosa por mor da obra de teatro de Lope de Veiga que narra o levantamento dun pobo cordobés contra o señor da vila. E a historia desta vinganza colectiva foi comparada polo fiscal cuns feitos ocorridos no 2001 na parroquia nigranense de Chandebrito: decenas de veciños concentráronse durante días sucesivos ante a casa dun matrimonio mostrando para eles unha actitude supostamente agresiva e violenta despois de que esta parella denunciase a situación de presunta ilegalidade de máis de 80 vivendas da zona. O ocorrido entón revivirase nun xuízo que se celebrará en Vigo e que sentará no banco dos acusados a 37 daqueles veciños.

Continuá en A vinganza de Chandebrito