Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Concentración de Salvemos Monteferro ás portas do Concello de Nigrán

Concentración de Salvemos Monteferro ás portas do Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma pola defensa do entorno natural de Monteferro, Salvemos Monteferro, acaba de facer público un chamamento para una Concentración legal o día 13 de Maio ás 12:00 do medio día.

Segundo a organización, a concentración farase para realizar a entrega polo rexistro do Concello, de 9000 firmas recadadas para solicitar a paralización das actuacións en Monteferro así como a presentación dun plan alternativo de aproveitamento sostible do monte.

O Concello, aprobou fai uns meses, a rectificación do proxecto do vial de circunvalación de Monteferro. Un vial que segundo a plataforma implica "a destrucción definitiva do monte", xa que segundo argumentan "as dimensións do vial son desproporcionadas e innecesarias xa que Monteferro non xerou nunca tal cantidade de tráfico como para facer necesario unha rotonda de 23 metros, zoas de aparcadoiro, ou mesmo o asfaltado completo da pista de baixada da zona sur".

Por istes motivo Salvemos Monteferro chama á mobilización, para que a xente poida expresar o seu pesar polo trazado e proxecto do vial no monte.

O chamamento de Salvemos Monteferro, está secundado polas asociacións IEM, Nunca Mais Val Miñor, Asociación Arealoura, A Groba, Clube Espeleolóxico Mauxo, Acrexoval, Sindicato de estudiantes do IES Val Miñor e Verde Gaia. 

Asi mesmo Verdegaia organiza para ese día unha marcha cliclista  con saída dende a Praza da Independencia (Vigo) ás 10:30 dirección Nigrán para reunirse coa concentración diante do Concello.

Dentro da convocatoria de Salvemos Monteferro, está planificado un almorzo despois do acto en Monteferro, onde cada quen deberá achegar a súa propia comida.