Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán, xulgado por presunto acoso laboral

O alcalde de Nigrán, xulgado por presunto acoso laboral

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
Onte celebrouse no xulgado do contencioso número 2 de Vigo o xuízo contra os portavoces do goberno de Nigrán polo presunto acoso laboral á funcionaria Margarita Elespp.
Esta traballadora, que á saída onte dos xulgados non quixo facer ningunha declaración, leva máis dun ano de baixa por depresión debido ás circunstancias nas que tivo desempeñar o seu traballo desde o momento no que Alfredo Rodríguez asumiu a alcaldía.
O seu calvario comezou o mesmo día da investidura, cando o portavoz do PP, antes de ser investido alcalde, ordenou verbalmente a esta traballadora o traslado a un recuncho da Casa Consistorial. O seu posto de traballo converteuse nunha pequena mesa fronte a unha parede e sen ningunha tarefa asignada. Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4668295