Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro acode á delegación de Medio Rural

Salvemos Monteferro acode á delegación de Medio Rural

Correo-e Imprimir PDF
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
O delegado provincial da Consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla Bergueiro, recibe hoxe a representantes da plataforma Salvemos Monteferro. A reunión terá lugar ás doce do mediodía no despacho do delegado en Pontevedra. 

Os integrantes deste colectivo en defensa da contorna natural da costa nigranense expoñerán a Constenla as súas inquietudes sobre o futuro da zona, na que está prevista a execución do polémico vial de acceso e circunvalación de Monteferro.
 
A plataforma Salvemos Monteferro, integrada por varias asociacións da comarca, considera inaceptables as útlimas modificacions feitas públicas pola corporación municipal referente a un suavizado impacto do vial. 
Salvemos Monteferro segue suliñando que este proxecto incumple as normas subsidiarias propias do Concello, rompe por completo a condición natural de Monteferro a máis de contradicir as declaracións e pretensions feitas públicas pola corporación, de que nun futuro Monteferro poida ser declarado parque natural.

Segúndo Salvemos Monteferro, "os parques naturais non se construén con autopistas que os atravesan, e menos cando as dimensións de ese proxecto son totalmente innecesarias dado a afluencia e densidade de trafico que rexistra Monteferro".