Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta abre expediente por un muro en Nigrán

A Xunta abre expediente por un muro en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Fonte Faro de Vigo
A Consellería de Política Territorial pide información ao Concello sobre a construción dun muro en Portocelo. Tralas denuncias da asociación de veciños "Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo", a comisión de goberno decidira aquivar o expediente o 31 de agosto.

A Xunta reclama detalles da situación da obras denunciadas sobre cartografía da normativa urbanística e o nome de responsables das citadas obras. Trátase dun muro de contención cuxos traballos pechan unha zona de monte veciñal onde está situado o local social da comunidade de montes. 
Obras que se realizan en chan de ordenanza 12, onde se prohiben movementos de terras que alteren a tipografía natural dos terreos.
Estiman que o feito "de ampliar o vial de Portocelo neste punto a 12 metros, superando os 8 contemplados nas normas subsidiarias, está directamente relacionado con o nefasto proxecto de circunvalación de Monteferro".