Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Salvemos Monteferro inicia outra campaña de activismo na rede

Salvemos Monteferro inicia outra campaña de activismo na rede

Correo-e Imprimir PDF
http://www.salvemosmonteferro.org
A Plataforma Cidadán pola Defensa do Espazo Natural de Monteferro www.salvemosmonteferro.org  acaba de iniciar unha campaña de activismo na rede.
O que pretender a plataforma é facer chegar á Consellería de Política Territoria que dirixe a viguesa Dª. María Jose Caride, un número considereble de cartas, fax e correos electrónicos para que se teñan en consideración a problemática e as reivindicacións do colectivo pola defensa da península de Monteferro.

As recentes polémicas suscitadas polo anuncio por parte do BNG de Nigrán dun presunto acto de especulación na finca de 20.000 m2 do Rapón está suscitando un gran barullo non so mentes na prensa diaria se non tamén nos veciños das parroquias de Nigrán e comarca.

Salvemos Monteferro dirixe polo de agora a súa actividade dende a web www.salvemosmonteferro.org  centrándose neste momento na recopilación de información, a recollida de firmas e a redacción dun plan alternativo ao proxecto acordado polo concello de Nigrán,  adxudicado na anterior lexislatura autonómica. 

A obra nestes momentos atópase paralizada polas denuncias presentadas por algúns veciños e mesmo polos efectivos do Seprona (Servicio de Protección á Natureza da Garda Civil), polas supostas irregularidades na tala de varios puntos de Monteferro.