Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A plataforma SalvemosMonteferro deslígase das pintadas da sede comunal

A plataforma SalvemosMonteferro deslígase das pintadas da sede comunal

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma Veciñal pola Defensa do Espazo Natural de Monteferro, www.salvemosmonteferro.org  saiu onte ao paso para esclarecer e desvincularse das pintadas inacertadas que comezan a rodear ó entorno de Monteferro. As pintadas "insultantes e ameazantes" foron motivo de denuncia polo actual presidente da sociedade mancomunada de Monteferro, Manuel Alejos, que facía onte pública unha denuncia presentada na Garda Civil de Baiona por considerar unha agresión ao colectivo e a súa propia persoa. "Deberían explicar que é o queren salvar. Todos sabemos que en Monteferro non se pode edificar", sinalaba.

Estas declaracións confróntanse ás últimas palabras pronuncias polo grupo nacionalista  de Nigrán que aseguran que o novo Plan Xeral de Nigrán podería incluir modificacións no entorno de Monteferro. O BNG de Nigrán, sospeita dun cambio do uso da finca de O Rapón -onde se realizou a primera tala o pasado verán-. Os nacionalistas afirman que o recinto perderá  a súa condición de chan rústico especialmente protexido.

Segundo as declaracións dun dos portavoces da plataforma SalvemosMonteferro, " Rexeitamos as pintadas insultantes, nós somos respetusos e nosa loita vai encauzada por outros derroteiros. Supomos que esas pintadas serán a titulo persoal, pero deixar claro que nada teñen que ver co nóso movememento veciñal." 

Unha loita con argumentos de base.
"O único cometido da plataforma é defender a desfeita deste espazo natural protexido, e temos información suficiente como para desconfiar de que Monteferro é un dos puntos de Nigrán que corre un serio perigo de especulación desmedida. "

O portavoz engadía que a actividade e accións da plataforma son e serán pacíficas e respetuosas "ao contrario que os últimos actos terroristas acontecidos en Nigrán e Gondomar". 

A plataforma conseguiu xá neste curto espazo de tempo contar co apoio e difusión de varios colectivos culturais, veciñais e ecoloxistas da area metropolitana de Vigo e mesmo de Galicia. Nota disto é que a súa páxina web leva rexistradas máis de 4400 visitas en apenas tres semáns de actividade así como numerosas menxases de apoio. "Recibimos unha media de 15 emails diarios con información e apoios á plataforma. A xente está reaccionando e dándose conta de que as actuacións dos concellos costeiros e particularmente o do Concello de Nigrán están fora de lugar e responden sómentes a beneficios particulares e non da cidadanía."


Recollida de firmas e redaccion dun proxecto alternativo.
Salvemos Monteferro comezou hai dez días a campaña de recollida de firmas por toda a comarca, Vigo e mesmo Santiago de Compostela. O portavoz fala de centos de firmas recollidos nestes dez días, pero aínda non saben cantas máis poderán chegar por correo. Os formularios de recollida firmas poden descargarse da súa web www.salvemosmonteferro.org e están dispoñibles en galego, castelán, inglés e catalán.

O colectivo engade que ten posta en marcha a redaccion e estudio dun proxecto alternativo no que se valorarán as funcións económicas, sociáis e medioambientáis do monte…