Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Consitúese un novo grupo veciñal en defensa de Monteferro. Salvemos Monteferro

Consitúese un novo grupo veciñal en defensa de Monteferro. Salvemos Monteferro

Correo-e Imprimir PDF
normal_baredo2

As fontes consultadas confirman a creación dun grupo veciñal independente en pro da defensa da paraxe da península de Monteferro. Dados os últimos acontecementos de talas ilegais no entorno do citado monte, o grupo "Salvemos Monteferreo" acaba de constituirse facendo o seguinte chamamento:

"Ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (Nigrán) e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor, tiveron o pasado día 12 de Xaneiro o primeiro encontro para unificar futuras actuacións na defensa dun dos últimos reductos verdes da nosa ría, e para amosar a nosa total repulsa ante os feitos acaecidos e a nosa decidida oposición a deforestación e urbanización de Monteferro (único paraxe con espacio aínda sen urbanizar dende Chapela a Nigrán). 

 
A sú dirección de contacto é Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Tal como consta no documento asinado na reunión o grupo está aberto a quén queira sumar ideas e accións na defensa de Monteferro.