Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG presenta os candidatos en Gondomar.

O BNG presenta os candidatos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

550px2015FOTO BNG

Alfredo López “Tokio”, será o número 2 na lista de 17 candidatos presentada polo BNG para as municipais do vindeiro 24 de maio. Os nacionalistas que un mes atrás decidiran levar a Mª Manuela Rodríguez Pumar como candidata á alcaldía de Gondomar, completaron a candidatura con titulares representativos de todas as parroquias do municipio. Tamén nomearon a a Eduardo García Parada como candidato do BNG á Entidade Menor de Morgadáns.

150-tokio“Tokio”

Con máis de dúas décadas como militante do BNG, Alfredo López é recoñecido no ámbito científico e social pola súa dedicación ao estudo dos mamíferos mariños no CEMMA. Acada experiencia na xestión dos montes veciñais, a través da participación na xunta rectora de Peitieiros e a mancomunidade do Val Miñor. No ámbito civil, tivo activa participación na recente refundación da Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar (CEVG), entre outras iniciativas cidadás. No plano cultura, preside o centro parroquial de Peitieiros, é activo colaborador do Instituto de Estudos Miñoranos e goza de recoñecido prestixio artístico no mundo das artes no seu carácter de creador e ilustrador gráfico. Eido no que é máis coñecido polo alcume “Tokio”.

A elección de candidatos

Dende o Bloque salientan que as candidaturas aprobáronse por unanimidade e coa participación de persoas da “base social máis alá das propias siglas do BNG”. Valoran que trátase dunha candidatura paritaria “na que se empregaron criterios de alternancia de xénero, compromiso co traballo a nivel social: no veciñal, cultural, asociativo ou sindical, ao tempo que se quixo contar tamén con persoas de distintas parroquias de Gondomar”.

Adiantan que a candidatura será completada máis adiante cos postos suplentes, para os que xa se están confirmando varias persoas e que “completarán ese abano representativo no participativo e no xeográfico”.

Candidatos

A candidatura está encabezada por Manuela Rodríguez Pumar, como xa se fixo público no seu día, e péchaa Antón García, quen foi concelleiro do BNG nos mandatos de 2003-2007 e 2007-2011, sendo nesta última concelleiro de Vías e obras durante o tempo en que a alcaldía lle correspondeu ao BNG. Na asemblea elixiuse tamén a Eduardo García Parada como candidato do BNG á Entidade Menor de Morgadáns

Esta é a candidatura remitida polos responsables de prensa do BNG na que se indica nalgunhas persoas o seu carácter de non afiliados á agrupación (independentes).

  1. Mª Manuela Rodríguez Pumar
  2. Alfredo López Fernández
  3. Mercedes Fernández Martínez
  4. Bieito Álvarez Lobariñas 
  5. Josefina Álvarez Palma (Independente)
  6. Fernando Rei Goris (Independente)
  7. Ana Bringas López
  8. Lorenzo Rodríguez Dacosta (Independente)
  9. Mercedes Domínguez Santomé (Independente)
  10. Álvaro Lores Frade
  11. Helena Quintas Alborés
  12. Aldán López Dacosta (Galiza Nova)
  13. Xosé Lois Ruíz Vicente
  14. Susana Catalina Fernandez Hermida (Independente)
  15. Xavier Gómez Guinovart
  16. Marta Dacosta Alonso
  17. Antón García Fernández