Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Comeza a carreira electoral en Gondomar coa proclamacións dos primeiros candidatos á alcaldía.

Comeza a carreira electoral en Gondomar coa proclamacións dos primeiros candidatos á alcaldía.

Correo-e Imprimir PDF
candidatos

Manuela Rodríguez Pumar do BNG e Francisco “Paco” Ferreira do PSOE abren a lista de candidatos que competirán no vindeiro mes de maio por ocupar a presidencia da corporación de Gondomar. Unha abondosa militancia social e no nacionalismo antecede á candidata do Bloque. Pola súa banda, Ferreira, actual concelleiro e portavoz do PSOE, intentará acadar o carácter de rexedor facendo fincapé no seu “trabajo constante a lo largo de estos últimos cuatro años”, segundo daba a coñecer nun comunicado horas despois de ser elector por aclamación da agrupación socialista.

A candidata do Bloque

Manuela Rodríguez Pumar iniciouse en política coa Plataforma Veciñal de Gondomar, que encabezada por Ramón Sestelo Fernández presentouse nas municipais de 1987. Formación creada daquela “para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo”, segundo o escrito de presentación da candidata achegado dende o Bloque.

Desde entón, Manuela Rodríguez implicouse na política municipal e comezou militar no BNG. Nel ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG.

Ademais da súa actividade partidaria, Rodríguez Pumar participa en diversos colectivos veciñais, culturas e na ANPA da súa parroquia de Peitieiros.

Ademais da elección de Manuela R. Pumar, a asemblea local do BNG informa que tratou os criterios para a elaboración da candidatura ás municipais, en que xa está traballando, así como para a  elaboración do programa.

O candidato socialista

Paco Ferreira actual portavoz municipal e secretario xeral dos socialistas de Gondomar, recibiu o apoio da asemblea local quen o elixiu por aclamación como candidato a rexedor. O PSOE salienta a súa capacidade para “unificar el partido y devolver la ilusión a los militantes y simpatizantes gondomareños con un trabajo constante a lo largo de estos últimos cuatro años como portavoz de la oposición”.

O candidato asegurou terá “las ideas y la capacidad para que Gondomar sea un ayuntamiento de primera y no el ayuntamiento de la dejadez y del abandono”. Trala súa proclamación asegurou que “Es el momento de las personas más que el momento de las siglas. Es el momento de gobernar para los de abajo, para los necesitados y para los que sufren para llegar a fin de mes y dejar de gobernar para los de arriba...”.

Adiantou que o seu primeiro obxectivo como alcalde será “escuchar a la gente, ayudarlos y gestionar sus problemas de ser posible”.