Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A escaleira sobre a ponte das Ánimas navega río abaixo polo Miñor.

A escaleira sobre a ponte das Ánimas navega río abaixo polo Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
escalinata coelleira

A escaleira de madeira que daba acceso á plataforma sobre o río Morgadáns no parque da Coelleira remata varada río abaixo.

A nota gráfica tomada polo fotógrafo Pablo Banga amosa o varamento de parte da escaleira que a carón da ponte de Ánimas situábase no parque a Coelleira. A escaleira de madeira acabou río abaixo na tarde do luns presumiblemente polo paso das fortes choivas das últimas semanas. De momento sen máis información sobre as causas do acto vandálico, a veciñanza de Gondomar mira con preocupación a suma de sucesos deste tipo, que coma recente rotura do teito do Auditorio Municipal Lois Tobío (segundo a denunciada do propio Concello), e as xa demasiadas agresións ao patrimonio natural e cultural do concello están a ter lugar nos últimos tempos.

Outra fontes consultadas sinalan que en ambos casos a unha falta de mantemento por parte do concello. No caso do teito do auditorio sinalan que o seu mal estado levaba xa dende fai meses por goteiras e filtracións do teito e que as forte choivas terminaron por desplomar o falso teito, e desminten a acusación do concello vinculando os danos a un tema vandálico.

No caso da escalinata da ponte das ánimas, sinalan que estaba a piques de desprenderse pola acción da corrente e as enchentas do río dos últimos meses. E apuntan novamente a unha falta de mantemento por parte do concello.