Val Miñor
A diputación doa máquinas para as obras
A maquinaria aportada pola Deputación conseguiu onte reunir aos alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar nun acto da mancomunidade do Val Miñor. Foi a primeira vez que un rexedor gondomareño acudiu a unha cita da institución supramunicipal desde o 97, ano no que Gondomar deixou de formar parte.
O propio alcalde, Carlos Silva, declarou fai uns días que compartir estes vehículos para acometer obras públicas podería ser un primeiro paso para volver formar parte da mancomunidade. Este concello asumirá os gastos de mantemento da maquinaria cos concellos de Baiona e Nigrán.
A fundación ecoloxista A Groba súmase á petición do IEM

As obras da circunvalación do Miñor poden inciarse en Xuño

Audasa presentará mañá mércores na consellería de Política Territorial un novo proxecto para crear enlácelos da autoestrada do Val Miñor. A Xunta de Galicia quere que as obras comecen antes do verán para que os veciños poidan utilizar o tramo da AG-57 como avenida de circunvalación comarcal.
Esta actuación contempla crear novos accesos en Baiona, Nigrán e Gondomar para permitir o desprazamento dos carros entre estes tres concellos sen ter que utilizar as vías comarcais. Ademais servirá para establecer a circunvalación da vila de Baiona, entre Baredo e Sabarís, cunha peaxe gratuíta.
EsixÃmoslle ao subdelegado do Goberno que investigue os atentados que padecemos
Fonte - A Nosa Terra
Máis de tres meses despois de sufrir un atentado e cando outro compañeiro seu sufriu outro atentado e outro máis unha agresión, o concelleiro do BNG no Val Miñor David Xiráldez esixe que se investigue e revela a existencia de indicios dos actos.
Parece ser que o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, minimizou o alcance dos atentados aos cargos públicos do BNG no Val Miñor.
Minimizou no sentido de descartar que o móbil fose urbanístico, pero ademais tamén apuntou a simples “contextos persoais” no que se refire ás causas.
A falta de actividade sepulta á Mancomunidade do Val Miñor

A Mancomunidade do Val Miñor non dá sinais de vida desde fai máis de oito meses. O anterior presidente foi o alcalde de Nigrán e non convocou os plenos ordinarios de setembro e novembro.
Xesús Vázquez Almuiña asumiu a presidencia o pasado mes de xaneiro e tamén se saltou a sesión ordinaria que tiña que celebrarse o venres pasado.
É que non ten sentido convocar aos concelleiros cando faltan iniciativas que levar a cabo dunha forma mancomunada.
O Parlamento condea os atentados ao BNG
O Parlamento aprobou onte, por unanimidade, unha iniciativa de condea aos atentados sufridos por representantes nacionalistas do Val Miñor nos últimos meses e para axilizar as investigacións. O voceiro do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, rexeitou a enmenda dos populares «por non ter desautorizado aos alcaldes de Nigrán e Gondomar nas súas falsas acusacións».
>>>> Cronoloxía dun semestre negro para o Bloque
EstatÃstica ¿Que é o que máis nos preocupa do Val Miñor?
Hola amigos/as:
Como saberedes, moitas estatísticas e estudos aparecen publicados diariamente na prensa e na radio tratando temas económicos e sociais pero sempre reflexan unha realidade que se alonxa da realidade da comarca.
Queremos acotar esos estudos a unha análise local e así obter uns resultados máis cercanos e reais á situación e preocupacións de todos os cidadáns e cidadás do Val Miñor.
Robert Matthews no Foro Iberoamericano Baiona 2006
A sétima edición do Foro Iberoamericano que organiza cada ano o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), contará en 2006 cun convidado de excepción. Robert Matthews, doutor e profesor de Historia de América Latina no Graduate Center for Latin American and Caribbean Studies da New York University, será o encargado de impartir a conferencia o próximo día 2 de marzo ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Baiona.
O BNG de Oia denuncia o incumprimento nos prazos na instalación da ADSL
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL