Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

A terapia con cabalos mellora a socialización das persoas con autismo.

Correo-e Imprimir PDF

hipoterapia2A investigadora Sonia Bouzo (U. de Vigo) analizou na súa tese os beneficios da equitación terapéutica.

O estudo que realizou con nenos e adolescentes constatou tamén melloras no seu desenvolvemento motor.

Permiten mellorar a coordinación e o equilibrio, ao tempo que contribúen á normalización do ton muscular, pero tamén axudan a mellorar a comunicación e as capacidades de atención e socialización. Son múltiples os beneficios, tanto no plano físico coma no psicolóxico, que as persoas con autismo poden atopar naquelas terapias que teñen nos cabalos a súa base, como vén de demostrar a investigadora Sonia Bouzo na súa tese de doutoramento. O estudo de caso que realizou cun grupo de cinco nenos a adolescentes diagnosticados de Trastorno do Espectro Autista (TEA), que antes de iniciar a terapia nunca montaran a cabalo, permitiu a esta investigadora comprobar os "moitos beneficios inmediatos" que a equinoterapia supón tanto para o seu desenvolvemento psicomotor, como emocional e comunicativo.

Tras 23 días de mobilizacións os traballadores do Meixoeiro levantan o peche no hospital.

Correo-e Imprimir PDF

meixoeiro-2Os traballadores do Hospital Meixoeiro decidiron na tarde deste xoves rematar co peche que mantiñan no interior das instalacións para rexeitar o desmantelamento do centro médico.

Antes de desaloxar as instalación desenvolveron un acto simbólico para poñer fin a unha mobilización que se prolongou durante 23 días.

Ao mesmo tempo emitiron un comunicado onde sinalan que "A Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo e a plataforma "SOS Meixoeiro" comunican á opinión pública que, na Asemblea celebrada hoxe, decidimos rematar co peche na entrada do H. Meixoeiro que se iniciara o día 1 de xuño. Facemos unha valoración moi positiva do resultado desta mobilización pois fomos quen de poñer de manifesto na cidadanía a situación do H. Meixoeiro, que non é máis que o resultado da política de recortes e privatizacións da Consellería de Sanidade".

“As horas roubadas”. Retrato das mulleres na Transición.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaRematei xullo lendo "As horas roubadas" de María Solar e sentín a necesidade de escribir estas liñas sobre unha novela que me conmoveu pola súa capacidade para retratar situacións dolorosamente reais.
Como a dominación, o maltrato psicolóxico da muller. María Solar achégase a ese maltrato que non adoita ser recoñecido e que sempre foi esquecido porque esa situación formaba parte do "normal", aínda que, na realidade, sexa unha situación de violencia extrema que acaba por anular a vítima. Unha vítima que non se considera tal ou que tarda un tempo infinito en comprender que esa é a súa situación e, cando por fin a asume, é xa unha muller maior, que perdeu a vida porque viviu a vida doutro sendo, literalmente, a súa escrava. Unha escrava con contrato. Contrato de matrimonio.
Diría que esta trama da novela é particularmente dolorosa. Non só porque é real, senón porque segue a selo.

Música, maxia e lectura con Carlos Casares na biblioteca de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Álvaro Muras e Martín Camiña | Foto: Alvaro MurasCo gallo do día das letras galegas, o próximo sábado 13 de maio ás 12:00 h na sala de lectura de adultos da Biblioteca Municipal de Nigrán terá lugar un espectáculo de maxia e música a cargo de Álvaro Muras.

A actuación está enmarcada no programa da Xunta "Ler Conta Moito 2017" para a Rede de Bibliotecas de Galicia 

Axenda cultural en Nigrán có gallo do Día das Letras Galegas 2018

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz Día das letras Galegas 2018Nigrán prepara un mes cargado de actividades có gallo do Día das Letras Galegas 2018. 

A homenaxeada este ano é a escritora e profesora María Victoria Moreno, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso. Para impulsar esta homenaxe, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTV, en colaboración da familia da autora, promoven unha programación especial de iniciativas diversas por todo o territorio, co fin de dar a coñecer e de poñer en valor a obra de María Victoria Moreno.

Ampliar imaxe para ver programación.

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL