Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Moda achegou un toque máxico á xornada solidaria nas instalacións do Casino de Sabarís.

A Moda achegou un toque máxico á xornada solidaria nas instalacións do Casino de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
moda-sabaris
Raquel-Gamallo-con-falda-de-FENOSITA
raquel-gamallo-colar-alma-joyas
Sandra-Taboas-desenhadora-byn
ana-directora-encaixamos
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

Moda e compromiso social volveron ir da man esta fin de semana. O desfile organizado pola Asociación Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) foi todo un éxito cun marco de publico próximo ás 300 persoas. O evento tivo lugar nas instalación do Casino de Sabarís o pasado sábado 15 de agosto. Canda el un mercadillo benéfico para recadar fondos e axudar á Asociación Encaixamos no obxectivo de comprar unha furgoneta adaptada a persoas con mobilidade reducida.

Ás oito e media o evento finalizaba cun desfile no que máis de dez comercios participaron cedendo roupa e complementos. Todo un despregue estivo organizado por  Paula, artesán da firma Alma de Joya e o fotógrafo Humberto Anchia.

Máis de trescentas persoas acudiron á cita, de forma que sobre as oito da tarde e a pesar do mal tempo e a choiva o casino estaba ateigado de visitantes.

A Axencia de Moda e Publicidade Sweet Models Community de Vigo, da que forma parte a bloggera Raquel Gamallo, púxose en marcha para seleccionar ás modelos e coreografía do pase final da man da deseñadora Sandra Táboas, quen acudiu coa súa primeira colección EFE.

Unha colección, moderna e bicolor, que combina materiais como o neopreno e a madeira natural. De feito o seu pai, carpinteiro de profesión, axudouna na elaboración das pezas de adorno.

A estética para este pase inspirouse na canción que soou durante o mesmo, Chandelier de Sia. De feito as modelos luciron unha perruca imitando a da protagonista do vídeo, a bailarina Maddie Ziegler.

Comercios participantes: Bellma, Dark World, Valvy´s, Si Bwana, Irene López, Jorge Conde, Equivalenza, Dez Euros C.C. Camelias de Vigo, O Delfín.

Fotografas cor: Mariano Cid

Fotografía en branco e negro: Zesar Q


 

 

 

 

 

 

ÂÂ