Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade #Nigrán : Convócase a participar dunha multitudinaria xornada solidaria de Zumba en Praia América.

#Nigrán : Convócase a participar dunha multitudinaria xornada solidaria de Zumba en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF
ZUMBA

Consistirá nunha "master-class" do equipo de especialistas de Toni Pilates, que preténdese sexa multitudinaria.

Está convocada para o sábado 8 de agosto ás 18 horas.

Haberá obsequios e rifas. O total do recadado será destinado ao centro de educación especial de Nigrán Juan María, da parroquia de Santiago de Parda.

 

O Concello de Nigrán xunto coa colaboración de Toni Pilates organizan este sábado ás 18.30 horas en praia América (xunto á escola de vela) unha master-class benéfica de zumba a cargo do centro de educación especial Juan María, na parroquia de Parada (Nigrán).

Hoxe mesmo acudiron á sesión de zumba matinal varias familias coa intención de 'entrenar' un pouco de cara ao sábado, cando se espera que acudan máis usuarios do centro, quen serán os encargados de recadar donativos entre os asistentes que cambiarán por rifas coas que se realizarán sorteos de diferentes agasallos na mesma master-class.

O evento contará con cinco profesores especializados de Toni Pilates (a empresa encargada de esta actividade na praia), ademais de realizarse unha actuación de taekwondo e unha demostración de Crossfit. Todo o recadado irá destinado a este centro.

Ante o éxito da actividade de zumba na praia, o Concello ampliou este mes de agosto as sesións de tres a cinco días á semana, de luns a venres. Os horarios son: luns e mércores ás 13.00 horas e martes, xoves e venres ás 19.00 horas. Ao lado de onde se realiza a actividade permanecerá instalado durante todo o mes o mercado de artesanías do mundo.