Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Convócase ao voluntariado ambiental para unha nova xornada de limpeza do lixo mariño nas praias galegas.

Convócase ao voluntariado ambiental para unha nova xornada de limpeza do lixo mariño nas praias galegas.

Correo-e Imprimir PDF
maresdenuncia

"O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta", sinalan dende á Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA), entidade que por 4º ano consecutivo organiza a limpeza simultánea de praias. A limpeza poderán celebrarse os días 5, 6 e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, o que para esta organización representa un "día de reivindicación e voluntariado ambiental". No Val Miñor inda non están definidos os lugares e a data da xornada, segundo puido saber este medio de fontes do voluntariado mariño.

En 2014 o porto de Panxón foi a zona escollida na bisbarra para desenvolver as tarefas de limpeza e divulgación medioambental que coordinaron os biólogos da CEMMA xunto con voluntarios doutras institucións. Actividade que anualmente esperta a curiosidade de ducias de cativos que achéganse pola curiosidade que espertan as especies mariñas que saen co lixo, as actividades lúdicas e recreativas que móntase nesa xornada.

Máis de10 millóns de toneladas de lixo anuais quedan nos mares.
Cada ano máis de 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, sinalan dende ADEGA. Engaden que "moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra". Estes residuos teñen graves consecuencias para os ecosistemas mariños "máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño", denuncian.

Advirten que esta contaminación tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, "bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria". Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, "é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requirido para as limpezas de praias".

As entidades participantes contarán co asesoramento continuo, material divulgativo, protocolo de limpeza, publicidade e seguro de accidentes que proverá ADEGA a través dos responsables locais.