Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nigrán abre o período de inscricións para as escolas municipais do curso 2013/2014

Nigrán abre o período de inscricións para as escolas municipais do curso 2013/2014

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán abre este mércores 11 de setembro o período de inscricións para as escolas municipais do curso 2013/2014, que comezarán o próximo 1 de outubro. As escolas serán de carácter aberto, aínda que terán prioridade as persoas empadroadas no municipio, segundo sinalan dende a administración municipal.

Este curso as actividades deportivas para menores de 16 anos serán patinaxe artística, taekwondo e tenis, e para maiores de 16 aeróbic, ximnasia de mantemento, ximnasia para maiores, ioga, taichí e tenis. Aquelas persoas interesadas nas actividades culturais poderán elixir entre pintura, cerámica, torno ou música.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo de luns a venres no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, en horario de 17.00 a 21.00 horas. Para formalizar as inscricións deberán entregar as solicitudes debidamente cumprimentados.