Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Ábrense inscricións para curso de informática dirixido a desempregados do concello de Nigrán.

Ábrense inscricións para curso de informática dirixido a desempregados do concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza_boli

Un curso de iniciación á informática será impartido o vindeiro mes de febreiro polo Concellaría de Promoción Empresarial, Comercia e Emprego de Nigrán. O mesmo está dirixido especialmente para persoas desempregadas empadroadas no municipio. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 21 de xaneiro e ata o dia 31 do mesmo mes no rexistro do Concello, o Centro Antena municipal e o Departamento de Emprego en horario de oficina.

 

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), se desenvolverá do 4 ao 17 de febreiro, durante os días luns, mércores e venres, no horario de 10:00 a 13:00.

A administración local ofrece o teléfono 986366572 para consultas ou o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .