Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Por un "aborto libre e gratuito"

Por un "aborto libre e gratuito"

Correo-e Imprimir PDF
Unha das protestas da Marcha Mundial das Mulleres - Foto: Susete de Ferrol

"Aborto libre e gratuíto". Ese é o obxectivo da manifestación que este domingo percorrerá as rúas da capital galega e que convoca a Plataforma polo Dereito ao Aborto --que integra 60 asociacións, sindicatos e grupos políticos--. O seu lema; a 'As mulleres decidimos!'.

Nas últimas semanas, todas as forzas politicas da oposición, así como numerosas asociación e sindicatos teñen denunciado, duramente, a nova lei do aborto que quere aprobar o Goberno de Rajoy. Por iso, os participantes neste marcha denuncian "a volta atrás sen precedentes" que o PP quere introducir con esta norma logo dunha "batalla dura e persistente no tempo polo dereito das mulleres a decidir a súa maternidade".

 Aborto "libre"

"Queremos que exista o dereito ao aborto libre, sen máis causas que a vontade da muller nas primeiras semanas, na carteira de servizos da sanidade pública... e que se poña a disposición de todas as mulleres que queiran ser nais posibilidades reais de facelo con servizos sociais, salarios igualitarios e escolas públicas", recolle o manifesto conxunto que lembra a "dor, humillacións e clandestinidades" de todas as mulleres represaliadas e que foron vítimas de abortos clandestinos.

Neste sentido, e aínda que consideran que é moi "mellorable", defenden as "condicións mínimas" da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazado, posta en marcha polo Goberno socialista.

O PP "segue as liñas de Red Madre"

Esta plataforma acusa ao actual Executivo popular de seguir liñas que marcan entidades como a Red Madre e de estar "preocupado por seguir o ditado da Conferencia Episcopal, do Foro da Familia e organizacións semellantes que forman ese 10 por cento da poboación que pretenden a supresión do aborto e que sexa delito en todos os casos".

{blip}AYLvrncC{/blip}