Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A carreira Nigrán Area amplía prazo de inscrición ata o vindeiro sábado 13 de agosto.

A carreira Nigrán Area amplía prazo de inscrición ata o vindeiro sábado 13 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF
Presentación da camiseta oficial da Nigrán Area no Concello.

O Concello de Nigrán amplía o prazo de inscrición para a Nigrán Area ata o vindeiro sábado 13 de agosto. A tal fin estará aberta a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar de 10.00 a 14.00 e de 16 a 21.00 horas. Para os nados en 1995 e posteriores, o prazo de inscrición con chip permanecerá aberto ata o xoves 11 de agosto ás 20.00 horas, aínda que se poderá realizar a inscrición na mesma sen chip, non figurará na clasificación pero si gozará dos beneficios do resto dos atletas (camisetas, seguro e avituallamiento). As categorías inferiores (nacidos de 1996 en diante) poderán inscribirse ata unha hora e media antes do comezo da carreira ou ata que se complete a cota de participantes.

A carreira pola praia Nigrán Area se disputará o vindeiro domingo 14 de agosto ás 11.00 horas dende a praia de Panxón á de Lourido (América).