Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes Últimos días para inscribirse na Nigrán Area que percorrerá as praias Lourido e Panxón.

Últimos días para inscribirse na Nigrán Area que percorrerá as praias Lourido e Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
correr-en-la-playa

O vindeiro xoves 11 de agosto pechará o prazo de inscricións para a Nigrán Area, primeira carreira pola area, organizada polo Concello de Nigrán en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A competición é aberta a todos os públicos, profesionais e afeccionados.

A Nigrán Area disputarase este domingo nas praias de Panxón e praia Lourido (América), e terá categorías para todos os gustos. Desde os máis pequenos "categoría chupetes" ata os máis maiores poderán participar nesta carreira, cuns percorridos deseñados especialmente para eles. A concellería de Turismo, Cultura e Deportes anima a todos os veciños e veciñas de Nigrán, así como aos turistas que visitan o municipio este mes de agosto, a participar na primeira edición desta carreira, a cal espérase sexa un éxito absoluto.