Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Medios en galego reivindican o dereito a informar en igualdade de condicións que os medios en castelán.

Correo-e Imprimir PDF

mesaOs medios en galego reclaman unha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación. Esixen o respecto á lingua do país como vehículo informativo e o cese inmediato da entrega de subvencións por “presunta promoción da lingua galega” ás empresas mediatas monolingües en castelán.

Xornalistas de Que Pasa Na Costa, Galicia Confidencial, Son Radio Fusión e Valminor.info compartiron unha mesa de intercambio que afondou nestes temas no transcurso da feira das industrias culturais galegas CULTURGAL, que se está a celebrar até o vindeiro domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

coopA Rede Eusumo, en colaboración coa Concellería de Formación, Emprego, e Dinamización Económica do Concello de Gondomar, organiza o ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo titulada "Emprender baixo a fórmula cooperativa, unha boa opción de emprendemento". Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.
Estas xornadas terán lugar o día 28 e 29 de outubro no Concello de Gondomar. A través das mesmas preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Nigrán contratará 30 persoas para labores de desbroza durante dous meses.

Correo-e Imprimir PDF

neteges-manuals-mecaniquesO Concello de Nigrán recibe 58.000 euros da Deputación para a contratar 30 peóns forestais nos meses de novembro e decembro. A oferta procura contratar 30 persoas dende o 1 de novembro ao  31  decembro de 2015 para realizar labores de desbroza.  O acceso aos postos de traballo realizarase a través dos Servizos Públicos de Emprego. Os novos empregados terán un contrato de 35 horas semanais.

O Concello de Nigrán recibiu da Deputación de Pontevedra, a  través do II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens Municipais, 58,390,80€ para a contratación de 30 persoas dende o 1 de novembro ao  31  decembro de 2015 para realizar labores de desbroce.

A Deputación amplía aos concellos a subvención do servizo de axuda no fogar para o ano 2015

Correo-e Imprimir PDF

manos-joven-mator-O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro. Os concellos Baiona, Gondomar e Nigrán poden optar a esta liña de axudas ao atoparse nos municipios da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes

Os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes poderán solicitar, a partir de mañá e ata o venres 16 de outubro, unha ampliación da subvención destinada a reforzar o servizo de axuda no fogar durante o ano 2015.

Garantía Xuvenil, o programa para a mocidade que non estuda nin traballa abre inscricións en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pies-mesaO Programa de Garantía Xuvenil, é unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo que os mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que non estean cursando estudos, nin teñan formación ocupacional, nin un emprego poidan recibir a través deste programa unha oferta de emprego, un período de prácticas, unha formación de aprendiz nunha empresa ou un curso nun centro de ensinanza.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL