Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar: Inicio de inscricións para un curso de mecanografía

Gondomar: Inicio de inscricións para un curso de mecanografía

Correo-e Imprimir PDF

Os interesados en participar poderán inscribirse desde o día 11 ata o vindeiro 27 de febreiro
A OMIX do Concello de Gondomar organiza un curso de mecanografía no que os participantes aprenderán as claves para acadar a soltura e seguridade que lles permitirán mellorar notablemente a súa velocidade de escritura. O curso terá lugar do 3 ao 21 de marzo en horario de 16:30 a 18:30 horas, na Aula de Informática do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Gondomar.

Os interesados poderán inscribirse a partir do 11 ata o vindeiro 27 de febreiro, na OMIX do Concello, cubrindo unha solicitude e achegando unha fotocopia do DNI e do volante de empadroamento.
Para máis información na OMIX do Concello ou no teléfono 986.369.746.