Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A formación “en liña” permite ampliar as habilidades laborais a 75 veciños de Gondomar.

A formación “en liña” permite ampliar as habilidades laborais a 75 veciños de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
formacion-en-linha

-Os cursos xestionados pola Concellaría de Igualdade remataron o pasado martes coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.


O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a Concelleira de Igualdade, Patricia Durán fixeron entrega, onte, dos diplomas dos cursos realizados baixo a modalidade de formación "en liña". Unha estratexia formativa na que o Concello de Gondomar leva 6 anos traballando pola "flexibilidade" que segundo os responsables permite aos alumnos, exentos de días e horarios fixos.
Ao igual que en edicións pasadas os cursos foron gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que foi de 60 horas. Segundo o Concello, as principais destinatarias dos mesmos foron mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar.
Nesta edición se formaron un total de 75 persoas cuxas prazas, sinalan dende o Concello, foron adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpriron cos requisitos.
A oferta formativas abrangueron disciplinas tan variadas como informática básica; xestión contable dos programas Contaplus, Nominaplus e Facturaplus; uso profesional das redes sociais; protección de datos; prevencións de riscos laborais; educación para a igualdade de oportunidades e inglés intermedio.