Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Continúa aberto o prazo para solicitar un posto na II Festa Medieval de Gondomar

Continúa aberto o prazo para solicitar un posto na II Festa Medieval de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Festa-Medieval

A Concellaría de Cultura de Gondomar chama a interesados en dispoñer de postos e paradas na II Festa Medieval , que se celebrará nas principais vías urbanas do municipio entre os días 23 e 25 de agosto. As persoas, asociacións e entidades interesadas poden formalizar a súa inscrición, ata o mesmo día da Festa, a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986 363 913 en horario de 08.00 a 14.30 horas e no 609 282 753 en horario de tarde. No caso de que haxa varios postos dedicados á mesma actividade, dende a concellaría informan que terán preferencia os que se anotaran antes.

A II Festa Medieval terá lugar na Alameda, Praza do Concello, a rúa Párroco Mariño e o Paseo Carlos Casares, en horario de 11.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 23.00 horas (aproximadamente).
Entre as actividades programadas se anuncia teatro na rúa, malabares, talleres de oficios e mesmo un concerto de música barroca.